ENCIMA DE MEL FILLOAS


ENCIMA DE MEL FILLOAS

Alá cando era bon mozo,

tiña doce anos cumpridos,

fun ver unha rapaza,

filla de Xan dos Despidos.

 

Levéime un pau tan grande

como o fungueiro dun carro,

coas miñas zocas chinelas,

fumando nun gran cigarro.

 

Cheguéi, dei as boas tardes,

salíu o can tan apurado,

rachóume o calzón de estreno,

e máis tiróume deitado.

 

Dixo a ama da casa:

“¡Éche bon milagre, ho!

Este can éche moi escolleito.

Carne mala non cha come.”

 

A rapaza non estaba.

Disque iba nun viaxiño.

Fun a esperala

ao alboio dun camiño.

 

Salíume un can non tan feo

como a cabeza dun sapo,

arrastróume pola lama

como si fora un trapo.

 

Como o can ladraba tanto,

sairon todos os veciños,

con colmeiros, paus e fouces,

i as mulleres con fouciños.

 

Eu, que sentín tal ruido,

tiréi coas zocas chinelas,

e, pra que non me pillaran,

deilles ben sebo ás canelas.

 

E, chegando á casa,

miña mai fíxome unhas boas sopas,

cantóume as cuarenta en bastos,

e máis dispóis vinte en copas.

 

Meu pai, que estaba cerca,

pra quentarme máis as moas,

déume sete bofetadas.

¡¡Encima de mel, filloas !!

 

Marchei polo cuarto adiante,

e iba medio condenado,

rabioso coma un can

polas que tiña levado.

(Autor do Texto; Caetano Arias, tamén coñecido como “O Gaiteiro de Santaballa”(Vilalba)

Imaxe

 

Advertisements

One thought on “ENCIMA DE MEL FILLOAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s