OS DOUS NAMORADOS E A CABRA


OS DOUS NAMORADOS E A CABRA

      Había unha vez un mozo nunha das nosas aldeas, que tiña unha moza na aldea do lado, pero o seu namoramento tiña un problema de moito nabo. Só se podían ver as agachadas porque o pai da moza, non tiña ollos para aquela relación e non podía ver ó mozo diante súa nin achegado a súa filla.

      A moza estaba moi namorada del, e para poder verse, propúxolle unha cousa ó rapaz: 

      -¿Oiches?. Esta noite, quero que me veñas ver. Quero que veñas a miña casa xa que eu non podo ir a túa, pero ¡¡con moito coidado!! Non vaia ser o demo que esperte o meu pai e nos pille. Deberás sere lixeiro coma un gato e pillo coma un rato. 

      – Si, ti moi ben falas pero o que corre todolos riscos son eu. Como diaños ei facer… eu quero ir, pero con todas as garantías de que non me atope o teu pai – dixo o mozo – 

      – Non teñas medo que meu pai non ten porque nos pillar, xa que o seu sono é mais fondo que o do gato ó carón do lume da lareira. E si por calquera dos motivos fixeras algún ruído que o poidera despertar, arremeda á cabra. Imita os sóns que pode facer unha cabra coma a nosa que dorme na entrada do corredor. Meu pai, de vez en cando, berra e pregunta a ver de quen son os ruídos que se escoitan, ata que queda conforme si son os propios do animal coas patas nas táboas ao buscar acougo.  

      Chegou a noite, e tal como tiñan pensado as cousas, o mozo entrou con moito tino. Como estaba todo escuro, tropezou cun balde de auga que había no corredor e o pai da rapaza espertou e botou un berro: 

      – ¿Quen anda aí?

      E o mozo todo asustado, ó mesmo tempo contendo a respiración e nun arrebato de lucidez, seguindo os consellos que lle había dado a súa moza, tentou poñer tranquilidade e calmar o asunto decindo: 

      – ¡¡ Son a cabra !!  ¡¡ Son a cabra !!

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s