O CANTAR QUE HOXE CANTAMOS


O CANTAR QUE HOXE CANTAMOS

 

O cantar que hoxe cantamos

non e conto nin verdá

nin ocorreu polo Deza

anque ben puido pasar

 

Era Xenaro da costa

un tio moi convincente

para enredar ás mulleres

igual que o tio Vicente.

 

So tiña un problema

o mentado rapazote

que estaba xa casado

cun sarxento de bigote

 

Para alivierse un pouco

do bigotudo sarxento

foi enredarse o Xenaro

con Maruxa a do vento

 

Para enganar á muller

e evitar así as sospeitas

dicía que ía botar

o partida na do Ovella

 

Así pasaron os meses

E así pasarou un ano

sen que nada sospeitase

a muller do Xenaro.

 

Pero un día cando ía

a afeitarse o mostacho

viu un cartel no Ovella

que poñía: está pechado

 

A muller xa mosqueada

co asunto do cartel

ponse a seguir a Xenaro

para ver qué vai facer

 

Seguiuno por unha rúa

e despois seguiu por outra

e queda moi escamada

o ver que chama a unha porta

 

Xa escomeza a traxedia

pois ponse coma unha bruxa

cando ve que a que abre

é a señora Maruxa

 

Agarda un anaquiño

antes de entrar na casa

arremete contra a porta

e topa aos dous na cama

 

Colle a Xenaro da perna

e a Maruxa por un brazo

espeta a ún contra a outra

e os deixa esnaquizados

 

A un meniño que gardaba

Maruxa dunha veciña

afogao, coitadiño

no ouro da vacenilla

 

A muller suicidouse

tirándose pola fiestra

esmagouse contra a acera

e así rematou a festa

 

Teñan tino meus señores

que non lles vaia pasar

o mesmo que co Ovella

por pechar sin avisar.

(Este cantar, está nunha copla que merquei fai algún tempo nunha feira de antiguedades que se fai todos os domingos na Praza da Verdura en Pontevedra. Está escrita nun papel verde que non parece moi vello, polo que non sei si é un cantar recente ou con certa tradición. Gustoume e merqueino por eso de que fala da miña Comarca do Deza.

Non pon nada do autor do texto e a música que o acompaña, non ten nada que ver co texto)

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s