OS CONSELLOS DOS CORVOS


OS CONSELLOS DOS CORVOS

     Contan que xa fai tempo había uns corvos que tiñan o seu niño feito nos poleiros dun carballo alá preto de Rio Arnego. Tiñan unha niñada de tres corviños que xa se atopaban preparados pra emprender o vó eles sós.

     Ante tal feito, o pai corvo tomou cartas no asunto e decidíu darlles uns consellos pra vida tan complicada que lles agardaba.

     – Mirade meus filliños; cando vexades un animal de duas patas ó que lle chaman home, tedes que ter moito tino con él, pois é o animal mais perigoso que Deus puxo sobre da terra, e ádevos querer matar anque non teña motivo ningún pra facelo. Así que tan pronto o vexades escapade voándo.  Si vedes que trae nas súas mans un pau longo e furado o que lle chaman “cospeta” levantade o vó o mais axiña que poidades, pois bota lume por un dos buracos e mátavos anque esteñades algo lonxe. E si vedes que se agacha pra coller unha pedra, voáde tamén porque é pra zorregarvos con ela.

     Os corviños, estaban cos ollos todos estarricados escoitando os consellos que o seu pai lles daba cando ún deles lle preguntou:

     – ¿ E si a pedra traina agachada no peto ?

O seu pai, sin atopar resposta a tal pregunta díxolle:

     – Meu filliño, ti xa podes abandoar o niño e voar só, porque xa estás preparado.

(Acaba de contarmo o Señor Amador das Cruces, co que tiven a ledicia de compartir unha cunca de bó viño do Ribeiro e uns pementos de Padrón, que como el dí, “ son como as troitas, que unhas pican e outras non”)

 Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s