¡¡¡¡ GIBRALTAR ESPAÑOL !!!!


¡¡ GIBRALTAR ESPAÑOL !!

 

Xa temos ó Governo.

enredando cos ingleses,

que  lle van dar polo cú,

como pasou outras veces.

 

Cando temos unha crise,

que da tanto que falar,

ven o noso Presidente

a enredar con Gibraltar.

 

Hai que ver o ben que o fai

pra desviar a atención,

dos asuntos importantes

que asolan a Nación.

 

Que carallo terá esa pedra

pra amosarlle tal cariño,

si coma esa, hainas a centos,

nas congostras e camiños.

 

Escoitei decir dos ricos,

que ningún lle quere mal,

porque seica a convertiron,

nun paraíso fiscal.

 

Esa debe ser a causa

pola que enreda o Presidente,

non vaia ser o demo

que alí garde o remanente

 

Seica  amenaza ós ingleses

con romper as relaciós,

a eles dalles a risa,

e cachondéanse de nós.

 

Que é que temos moitos celos,

comentan alá na illa,

porque din que nesa pedra,

vívese de maravilla.

 

Pode  ser que sexa asi

tamén pode ser que non,

o que sei é  que algo raro

ten que ter ese Peñón.

 

A solución ó conflicto,

é o ministro do interior,

que pra eso é o ministro

ó que se supón mais valor.

 

Que amenace con mandar,

o corpo da Garda Civil,

acompañado por un video

da toma de Perejil.

 

Que foi guerra moi famosa,

alá nos tempos de Trillo,

nunha pedriña tan grande,

coma ún ferrado de millo.

 

Pra acolloar, coma quen dí,

e pra non ir recuando,

que lles fale de Colón,

de Isabel e de Fernando.

 

E xa verás meu Presidente,

como contigo e outros mil,

conquistades o peñón,

ó estilo Perejil.

 

Vós ánimo e valentía,

que pra montar o paripé

vaivos mandar seu apoio

un tal Perez Reverté

 

A min deixeme tranquilo,

que como galego que són,

importame  tres carallos

o que pasa no Peñón.

 

Pois xa me chega dabondo,

con defenderme da panda

de buítres e alimañas,

que vostede mismo manda.

 

Así que, co seu permiso,

e servindo de precedente:

¡¡ vaianse todos pro carallo !!

Ministros e Presidente.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s