A MÁQUINA DE MALLAR

A MÁQUINA DE MALLAR

Os labradores honrados,

da aldea de Santa Baia,

pra sin paus, face-la malla

ordenaron de mercar,

 

unha cousa aquí non vista

que da moi bo resultado,

e que vou decir de contado:

¡¡ A máquina de mallar !!

 

O día que a estrenaron,

foi unha tarde chovendo,

e a bandos viña correndo,

toda a xente do lugar.

 

E dixo un vello curioso,

despois de estala mirando,

¡¡ O mundo vaise acabando !!

¡¡ Válgame Noso Señor !!

 

Vela aquí dando estoupidos,

tragando canto lle botan,

resoplando cos bufidos,

facendo tales ruxidos,

que nin as vacas mosqueando,

nin os burros orneando,

nin os pequenos berrando,

nin os feirantes falando,

forman tal algarabía.

 

Metenlle o pan por un lado,

e polo outro sae mallado,

nun morico queda ó grao

e pro palleiro o do ganado.

 

Ten que haber cen homes dentro

mallando a brazo partido,

senón sería imposible,

mallar semellante contido.

 

O vello dando mil voltas,

foi  a xunto ó maquinista,

e pediulle limpando a vista,

que lle deixara mirar.

 

Si señor, mire o que queira.

Meteu a cabeza dentro,

e non a podía sacar

de ningunha das maneiras.

 

¡¡ Tirade de min veciños !!

¡¡ Que me quedo sin fuciños !!

Tirou por el-e unha vella

e caeu deitado no chan.

 

Desque se viu liberado,

desta maneira falou:

 

Fun sacristán moitos anos,

e funvos a misa a diario,

xa teño andado calvario,

e nunca tal cousa pasou.

 

Por forza foi unha trampa

pra deixarme enfuciñado.

¡¡ Ai si se fora ó carallo,

o diaño que a inventou !!

 

Esta poesía, e do gaiteiro e poeta de Santaballa, D. Caetano Arias. e aparece no enlace:

https://www.aelg.gal/Polafias/ShowVideoPolafia.do?id=620

Así como no libro  “Caetano Arias, o poeta de Santaballa”.

Grazas a súa neta Patricia por decirme da autoría do poema e do libro. 

(Un bó manoxo de apertas pro matrimonio Iglesias-Fuciños das Cruces

e pro seu fillo Anselmo, que con toda a pacencia do mundo,

aturáronme un bó anaco para poder escribir este cantar)

sin-tc3adtulo3