A GAITA DO CRISTOBO

A GAITA DO CRISTOBO

Vouvos decir unha cousa

que vos á de facer rir,

un gaiteiro moi gracioso

alá polo mes de Abril.

 

Il chamábase Cristobo

e súa muller Micaela,

e tocaba nas romarías,

foliadas, e nas festas.

 

Gañaba moito diñeiro

tocando a súa gaitiña,

homes, rapaces e vellos

rabeaban por oíla.

 

Cristovo, nunha foliada

bebeu mais de unha pinga,

e despois vendeu a gaita,

sin saber o que facía.

 

E cando chegou a casa,

borracho coma un pelexo,

¡¡ Que lle fixeches a gaita

Cristobo, que non cha vexo !!

 

A miña gaita vendina

onte a noite na foliada,

pois estaba acabadiña

e de vella non tocaba.

 

Sácate de eí Cristobo

miserable e porcallento,

porque vendiches a gaita

que eu sin ela non te quero.

 

Cristobo o escoitar aquelo

saiu coa cabeza baixa

decindo: valgame Deus

para que eu vendería a gaita.

 

E Cristobo o verse ferido

mercou unha nova gaita,

e entrou pola casa adiante

tocando unha ribeirana.

 

Mi madriña, Micaela

xa podes estar contentiña,

pois traio unha gaita nova,

moito mellor ca que tiña.

 

Micaela o ver a gaita

botoulle as mans ó punteiro,

e dixo, bailando sola,

¡¡ Tiruliro meu gaiteiro !!

Imaxe

 sin-tc3adtulo3

 

O GAITEIRO VENDEU A GAITA

O GAITEIRO VENDEU A GAITA

Verán un caso chocante

nas montañas do Cibreiro,

con unha fermosa nena,

que casou con un gaiteiro.

 

As nenas daquela terra,

son tan amigas da gaita,

que como haxa quen lles toque,

bailan sempre e no se cansan.

 

El chamabase Cristobal,

e un día vendeu a gaita,

e a rapaza enferruñouse,

porque lle facía falta.

 

Non te enfades rapaciña,

porque eu vendín a gaita,

ei comprar outra mais nova,

anque empeñemos a casa.

 

Cando a rapaza veu a nova

botoulle as mans ó punteiro,

dixo ¡¡ Moitas grazas ai meu Deus !!

tiruliro meu gaiteiro.

 

Esta si que é ben feitiña,

mais parece unha monada,

non vin gaita mais bonita,

e pra min tan axeitada.

 

(O Cego dos Vilares, remataba esta cantiga de outro xeito)

 

Pois boa cousa fixeches,

seica te tentou o demo,

xa podes marchar da casa

que sin gaita eu non te quero.

 

Pois non te asustes muller

porque eu vendín a gaita,

Irei mercar unha nova,

anque empeñemo-la casa.

 

Ó outro día o Cristovo,

chegou o escurecer a casa,

saíu a súa muller a  porta

por ver si levaba gaita.

 

E así que lle viu a nova,

botoulle a man ó punteiro.

¡¡ Esta sí que é ben feitiña !!

Tiruliro meu gaiteiro.

 

Pois entonces muller miña,

heiche de tocar un pouco,

e bailarémo-la muiñeira,

si o permite o San Antonio.

 

(E hai outra versión moito mais estendida,

e que se coñece como “A Gaita do Cristobo”,

poreina de seguido para que non esteñan

separadas unhas versións das outras)

Imaxe