O ARRIEIRO E SEU CABALO


O ARRIEIRO E SEU CABALO

    Houbo un arrieiro alá, fai algún tempo nalgunha parroquia do Concello  de Lalín que repartía o viño polas tabernas das parroquias dos arredores,dende Esperante ate Carballeda e dende Palmou ate Parada, e pra convencer aos taberneiros da calidade do seu viño probaba sempre antes da súa ofrenda, para amosarlles  de que non había viño mellor ca o seu.
Unha vez botóuselle a noite enriba e cando pasaba dacabalo pola Ponte do Rio das Abellas de volta para a casa deu en tronar e lostregar. Caían uns raios de medo. O cabalo parou de repente:
-¿Que carafio pasa? ¡Arre, cabalo! ¡ Arre ¡
Nada; o cabalo non se movía. Desmontou e, ¿que pasara?; un raio cortáralle a cabeza ao cabalo polo pescozo e tíñaa tirada no chan.
Vai o bo do arrieiro,  colleu a cabeza do cabalo e colócoulla no seu sitio. Montou e seguiu camiño coma se nada.
Cando chegou á casa, daquela non había luz, quixo meter o cabalo na corte pero o cabalo non entraba. Tiráballe do ramal:
-¡Arre, cabalo! ¡Arre ¡
Pero non había maneira, o cabalo non entraba. Empurrábao e tampouco entraba na corte.
A súa muller, atendendo ós berros e xuramentos do home, saíu e viu deseguida o que pasaba. Pois que o arrieiro puxéralle a cabeza ao cabalo do revés, co fuciño mirando para o ceo e tropezaba no cargadoiro da porta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s