MIÑA NAI MANDOUME A FEIRA


MIÑA NAI MANDOUME A FEIRA

Pra vender unha galiña,

miña nai mandoume a feira

atopeime cunha moza

e quedei na carballeira.

 

Empezamos a brincar,

empezou a brincadeira,

e así pouquiño a pouco

fomos indo pra xesteira.

 

Alí pasamolo día,

foi un día moi fermoso,

eu brincando coa rapaza

e a galiña co raposo.

 

E cando volvín pra casa,

era xa pola noitiña,

alá vos chega o Pepiño

sen cartos e sen galiña

 

Cando llo contei na casa

esperaba unha malleira.

Miña nai botouse a rir

o lembrarse da xesteira.

(Esto cantabao a Cega de Aciveiro e lembro que facíalle os coros a xente que a escoitaba, pois era unha peza moi coñecida)

 

(Imaxe

Advertisements

2 thoughts on “MIÑA NAI MANDOUME A FEIRA

    • Moitas grazas José Luís. A música coa que ma cantaba a miña nai e a misma que ten “O cantar dos paragüeros” que está un pouco mais abaixo no apartado de “Romances e cantares de cego tradicionais”. De todolos xeitos, hai un grupo de cantareiras en Vilgarcia que anque a letra non é a misma é moi parecida e con outra música. Tentarei de que ma escriban e poñocha por aquí. Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s