MIÑA NAI MANDOUME A FEIRA

MIÑA NAI MANDOUME A FEIRA

Pra vender unha galiña,

miña nai mandoume a feira

atopeime cunha moza

e quedei na carballeira.

 

Empezamos a brincar,

empezou a brincadeira,

e así pouquiño a pouco

fomos indo pra xesteira.

 

Alí pasamolo día,

foi un día moi fermoso,

eu brincando coa rapaza

e a galiña co raposo.

 

E cando volvín pra casa,

era xa pola noitiña,

alá vos chega o Pepiño

sen cartos e sen galiña

 

Cando llo contei na casa

esperaba unha malleira.

Miña nai botouse a rir

o lembrarse da xesteira.

(Esta cantiguiña e con este texto, cantabao a Cega de Aciveiro, e lembro que facíanlle os coros a xente que a escoitaba, pois era unha peza moi coñecida)

 

(Imaxe