ROMANCE DE DOÑA EUSENDA


ROMANCE DE DOÑA EUSENDA

En los jardines del rei
hai unha herba encantada
toda muller que la come
logo se queda preñada.

Mañanciñas de San Xoán
Doña Eusenda madrugara,
i en los jardines del rei
comeu da herba encantada.

De alí a moi pouco tempo
le recachaba la enagua
cando iba pa-la misa
su padre la reparaba:

-Tú que tienes Doña Eusenda
que te recacha la enagua
o tienes el mal de aldrope
ou te alcontras preñada.

-Nin eu teño o mal de aldrope
nin  me alcontro preñada
foi o mal das augas frías
bebidas na madrugada.

Chamoulle dous ciruxanos
dos máis sabidos de España.
Un repáralle o pulso
outro repáralle a cara,
e os dous dícenlle á unha:
“Doña Eusenda está preñada”.

-Que o sexa, que non o sexa
o Rei que non sepa nada
que si el Rei padre lo sabe
teño la muerte xurada.

( Este Romance, que grabaron entre outros “Fuxan os Ventos”,

é unha versión moderna do romance auténtico que é o seguinte)

 

ROMANCE DE DOÑA EUSENDA

No xardín de doña Eusenda

medra unha herba fadada

muller que poña a man nela

quédase axiña preñada.

Foi poñer a mau Eusenda

sin decatarse, coitada,

que por poñer nela a man

iba quedarse preñada.

Viña o seu pai cara o pazo

foi ela apresurada,

para recibilo amantiña

coma filla ben criada.

Ollou para ela fixamente,

e ela sentiuse avergonzada

o saber que polo diante

a enagua lle recachaba.

– Como é iso Doña Eusenda

seica te atopas preñada.

– Eu xamais tiven amores

non coñecín homes, coitada.

Chamaron dous ciruxanos,

dos de mais nombre de España

ún apalpalle o pulso

outro olláballe a cara

e os dous dicen a unha

-Doña Eusenda está preñada.

O Conde que era moi fero

da súa liñaxe honrada

abafado e carraxento

berrou o vela aldraxada.

– Confésate Doña Eusenda,

que mañá serás queimada.

– Ai triste da miña vida

ai triste de min coitada

eu que nunca tiven amores

vou morrer por deshonrada

Mandaron chamar o frade

que vendo aquela herba fadada

cortouna pola raiz

e dispuxo a confesala.

– Axoenllai, Doña Eusenda

que a vosa hora é chegada

confesai voso pecado

 

a Deus e a Virxe Sagrada.

 

Señor Pai aquí me tedes

xa disposta e confesada

pedirvos que a vosa vontade

sexa en min executada.

( E ademais desta, hai outra versión identica na que o frade

 desfai o feitizo con outra herva e Doña Eusenda líbrase da fogueira)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s