O BARQUEIRO E O MATEMÁTICO


O BARQUEIRO E O MATEMÁTICO

        Cóntase por estes lares que un día nas ringleiras do Rio, un matemático pediulle a un barqueiro que o pasase o outro lado na súa barca, ó que o barqueiro non se negou por ser o seu traballo e sustento na vida.

        O matemático subiu a barca e o barqueiro comenzou a remar cara á outra veira do rio.

        – É dura a súa profesión, díxolle ó barqueiro. Todo o día remando para poder ganarse a vida.

        – Ai si señor, si, pero estoulle moi afeito a ela, pois de cativo ensinoume a remar meu pai e levo traballando nesto toda a vida.

        – Si empezou a remar de cativo, quere decir que non foi a escola.

        – Non señor non, había moitas bocas que manter na casa e houbo que botar unha man.

        – Vaia. Osexa, que non sabe vostede ler.

        – Pois non, non señor, o non poder ir a escola non puden aprender a ler.

        – Vaia por Deus bó home, pois sepa que perdeu vostede un tercio da súa vida, pois ò saber ler é unha das partes mais fundamentais dun home para poder defenderse na vida. E entón, digame outra cousa bó home, logo de seguro que tampouco sabe escribir.

        – Pois non, tampouco puden aprender a escribir polo mismo motivo, moitas bocas que manter na miña casa e non tiven tempo para ir á escola.

        – Vaia ó. Pois outro tercio da súa vida perdido inutilmente.

        Poro nesto, en un remuiño do rio a barca escomenza a fundir dun lado e díxolle o barqueiro o matemático:

        – Saque a chaqueta e os zapatos, botese o río e nade ate a veira que esto afunde.

        – ¡¡ È que non sei nadar !!

        – ¿Qué non sabe nadar?

        – ¡¡ Non !! O meu pai meteume na escola de cativo e non tiven tempo de aprender.

        – Vaia ó, elle unha pena, porque si non sabe nadar, vai perder vostede a súa vida inteira.

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s