CECILIA


CECILIA   ( Dic. 1976)

 

Foise en silencio,

como chegaba sempre,

caladiña e leda.

Co sorriso dibuxado

nos seus beizos de carmín

medio escuros,

o seu longo pelo negro,

e un brilo interminable

pintado nos seus ollos

de mirada fonda,

fermosos, eternos,

de gallego-madrileña,

que decía.

E foise,

co seu ramiño de violetas,

nunha noite cálida

de un verán inesquecible.

Cando a súa grandeza

empezaba a tomar forma,

o porvir

clarexaba ante os seus ollos,

e cando tiña tanto por vivir

por cantar, por amar,

por rir…

Que gran dama.

Dúas veces dama

desa querida España

que ama a súa voz doce,

divina,

coma a dos  anxos

cos que agora está,

e cos que canta

a súa canción de amor

inalcanzable.

E foise,

en silencio,

como era ela,

calada  e leda o mismo tempo.

Imaxe

(Cecilia, falleceu xunto co seu batería Carlos, nun accidente de tráfico na noite do dous de Agosto do 76 en Benavente, cando regresaba a Madrid despois de cantar no Nova Olimpia de Vigo. Tiña 26 anos e toda unha carreira por diante que comenzaba a estar no mais alto da música Pop española. Era unha gran amante da música galega, e moi amiga dalgúns dos que por aqueles tempos nos dedicábamos a ela. Cada vez que viña por aquí, levaba un bó puñado de discos e cassettes da nosa música. O poema escribino pouco tempo despois do seu fallecemento, no mes de Decembro dese mismo ano)

Imaxe

Advertisements

2 thoughts on “CECILIA

  1. Fermosa voz e ainda mais fermosa muller. Unha gran cantante. Eu non tiven o placer de coñecela pero vina cantar un ano con vós no Pavillón das Travesas en Vigo. E foi unha auténtica ledia escoitarvos. Lémbrome de que había cantado “O ramiño de violetas en Galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s