UN CONTO DOS MUIÑOS


UN CONTO DOS MUIÑOS

        Había unha comunidade na península, onde non se coñecían os muiños d’auga. Pero os veciños souberon que en Galicia si que os había, e que moían moito máis con menos traballo. Así que comunicáronllo ó concello e acordaron buscar uns técnicos galegos para que montasen un muíño comunal no río tal como facían eles. Os técnicos montaron o muíño, puxérono a funcionar, cobraron o acordado, e marcharon de volta pra a súa terra.
……..Cando os veciños acabaron de moer todo o grao do lugar, caeron na conta de que se esqueceran preguntar como se paraba aquel aparello. Cando quedou valeiro de grao, comezou a andar máis de presa, e mais, e mais, coa roda botando unhas chispas de moito nabo. Pensaron que era cousa das bruxas ou do demo, e que había que chamar ó cura para que botase uns esconxuros antes de que se estragase a maquinaria. O cura, botou os seus responsos sen resultado algún. Canso de rezar, decidiu intentalo por outro camiño:
……..—Xa que non respectas a miña palabra, respectarás polo menos a miña coroa!
……..E agachou a cabeza nunha prolongada avenia. A roda do muíño xiraba a tal velocidade, que enganchouno pola sotana e mandouno de rebolo contra a parede.
……..A xente que estaba alí, liscou ás carreiras asustada. Saltaron por riba da canle do muíño pra fuxir. Entón, unha vella que xa non estaba para moitas carreiras, caeu de cú no medio da canle, cortou a auga e parouse o muíño.
A partires dise día, cada vez que queren parar o muíño, atrancan unha vella na canle.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s