ROMANCE PRA ANTON E SABELA (2001)


ROMANCE PRA ANTÓN  E SABELA

(Pra Antón, Sabela, e as súas fillas Maruxa e Lucía) 

Xa de cativo, ó Antón,

moito lle gustaba a misa.

Nona perdía un domingo,

xunto a súa tía Luísa.

 

E axudaba ó cura en todo,

moito mais do que podía,

ate iba tocár campás,

nada mais romper o día.

 

E seu pai ó ver no fillo,

semellante vocación,

mandouno pro seminario:

– ¡¡ Vai pra cura o meu Antón !!

 

E él era moi aplicado,

ninguén pode decir non,

xa o decían seus mestres,

ó perguntarlle a lección.

 

Pero vai ti ver cas cousas,

torceronse de contado,

cando un dia pola festa,

tivo a Sabela o seu lado.

 

Non se sabe ben porqué

que rematado o verán,

non quixo seguir pra cura,

anque o levaran da man.

 

As linguas marmuradoras,

non tardaron en falar:

¡¡ As mulleres de hoxe en día

non fan mais ca enredar !!

 

Seica Sabela bailando,

meteu a perna entras dél,

é o probe do Antonciño,

derretíuse coma o mel.

 

Pra enfriar algo botouse,

de cabeza  ó Rio Sil.

Seica alumeaba na noite,

coma se fose un candil.

 

O caso foi que nun intre,

atopou a solución:

Mandou pró carallo ós curas,

e esquenceu a vocación.

 

¡¡ Que mala sorte pra casa !!

Decía o Pai polo fillo,

¡¡ Tiña vocación de cura,

e quedouse en monaguillo!!

 

Pois como ben sabedes todos,

quen tiña na casa un cura,

xantaba bistés a diario

e non miraba pra verdura.

 

Hoxe atopeino rozando,

nas silveiras dun balado:

-Teño conmigo a Sabela

e dúas fillas ó meu lado.

 

Parabéns amigo Antón

polo feito acontecido.

Ó carallo a vocación,

e aquí tés un bó amigo.

Advertisements

2 thoughts on “ROMANCE PRA ANTON E SABELA (2001)

  1. E quedoulle o apodo de “Curiña” que é como o coñecemos os amigos.
    Sabe el deste Romance? Fixechelo ben fermoso ó.
    Saúdos Dezanos.

  2. O “curiña Antón” jeje. Si señor.
    Pois claro que o coñece Luís, e ben que lle gustou.
    As fillas regaláronllo nun pergamino de coiro enmarcado e téñeno colocado nun lugar preferente na parede do salón.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s