ROMANCE DE DON IGNACIO
Letra; David Iglesias
Arranxos; José iglesias “Buxán” e X.L. Rivas “Mini”
Oíde rapaces a historia
que sucedeu neste Estado,
dictaron normas moi duras
e eu non vou quedar calado.
Logo de unha noite escura,
nunha mañá tenebrosa
saíron vellos vampiros
agredindo a lingua nosa.
Cando pola media noite
o pobo estaba dormido
saíu con malicia Ignacio
Wert ten como apelido.
Trae unhas leises inxustas
feitas con normas moi duras
propias de xente maligna
reaccionaria e caradura.
Xa podes rezar d’abondo
e mirar ben pro maestro,
vas ter que subi-la media
aprendendo o Padre Nuestro.
Prestademe atención,
non lle fagan ningún caso,
hai que levalo con gracia
e con retranca de paso.
Xa me vou ir despedindo,
o silencio non é opción,
non vos quedar calados
ante calquer agresión.
Esta vai por despedida,
esta vai por derradeira,
hai que berrar contra a Lomce
que non hai Diós que a queira.