O SEÑOR PEPE


O SEÑOR PEPE
Que gran persoa que era este home e canto o quería eu. Traballaba de acomodador no Teatro Cine Malvar de Pontevedra, pero a súa gran paixón era a artesanía da madeira e a restauración de obxectos antigos. Nas horas libres que lle deixaba o cine traballaba nunha carpintaría que había no Campillo de Santa María e noutra na Rúa Branco Porto, fronte ao Colexio das Calasancias (Carpintería Cesar, si non lembro mal). Era un auténtico artista e tiña mans de santo para traballar a madeira.
Ademais de todo isto, era un gran amante da música galega, tiña unha “cuadrilla” en Salcedo, de onde era, e coa que se xuntaba de cando en vez para cear e cantar algunha cousa como el dicía.
Él foi o encargado de coidar das miñas guitarras, e trasteóume dúas cando se facía complicado afinalas ben. O simpático de todo é que él case non sabía tocalas pero tiña un impresionante oído para a súa afinación e cando nos xuntábamos, sempre pegaba a orella á caixa e afinábamas el.
A mellor guitarra que teño (unha Alambra) e que se venceu ao pouco tempo de mercala, desfíxoa por enteiro e volveu montala aumentando case dous centimetros o fondo da caixa e conseguindo que soase moito mellor que cando veu de fábrica. Claro que o seu tempo lle levou, porque despistábaseme moito jeje., porque se non o esperaba á saída do cine, non ía directamente ao taller, e  perdíaseme polas distintas tascas da Zona Vella de Pontevedra, así que eu esperabao á saída e levabao directamente ao traballo.
En todos os concertos que eu actuaba preto de Pontevedra, aparecía en primeira fila e alí permanecia ata que remataba, e cando eu ia a xunto súa, antes de chegar ao seu lado, desaparecía como non querendo molestar. Pero eu sempre souben como atopalo, sabía as “capelas” que visitaba e entre as que eran habituais, “O Chiruca e Os Maristas” onde tomaba un viño no  seu camiño  cara á casa, e como non, facer un alto na “Cafetaría Mónica” na rúa Loureiro Crespo, onde eu xantaba moitas  veces.

          Nesta cafetería paraba todos os días, e os días que me atopaba alí, pedía o seu viño Rioja “Carta de Plata” sentábase ao meu lado e o saúdo era sempre a mesma cantiga:
                    Eu xa o vín, eu xa o vin
                    eu xa vin, o niño dás pejas,
                    i ei dir a durmir con elas,
                    queridiña se me deixas.
é sempre tiña algún conto que contarme, sobre todo do meu Pai, que facía xa anos que me faltaba, e ao que él ceñecera moi bén.

          Na Cafetería Monica, tiña uns cuantos amigos cos que me xuntaba para cantar algo os sábados pola noite, e él non faltaba nunca, alí estaba sempre cantando con nós. Vaia voz mais fermosa que tiña, e cantaba moi baixiño porque decía que non quería molestar ós novos, que eran mais sabios.
Moitas grazas por todo Sr. Pepe, e sobre todo por aturarme tantos anos e por quererme tanto como sei que vostede me quería. Por iso o botei tanto de menos cando me faltou.
          Unha aperta, amigo.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s