MARIPEPA E XACOBE (Parrafeo)


MARIPEPA E XACOBE (Parrafeo)

 

Voulles contar  unha historia

que lle pasou a un mozo

con unha rapaza bonita

dunha aldea que eu conozo.

 

Cartafeira pola tarde

iba Pepa pro muíño

encontrouse con Xacobe

que esperaba no camiño

 

que viña cun feixe d’herba

que fora buscar o prado

e para parolar con Pepa

pousouno no balado.

 

– Moi boas tardes Xacobe.

– Que boas teñas Pepiña

   vinte vir polo carreiro

   e espereite unha miguiña.

   Pousa o saco no balado.

– Mui cansada non che veño.

–  Anda muller para decirche

   o gran amor que che teño.

– Ese conto eche moi vello

  chamanlle o conto da caza.

  Din igual todo-los homes

  si falan con unha rapaza.

– Pepiña, queroche tanto

  teñoche tanto cariño

  sempre cando non te vexo

  póñome por ti loquiño.

– Os amores dos rapaces

  falando con unha solteira

  así que logran a súa

  busca nena quen te queira.

– Pepiña que iso me digas

  a min estache moi malo

  porque os mals que algúns fixesen

  non deben outros pagalo.

– Maripepiña da ialma

  meu cariño feiticeiro

  di que me queres axiña

  meu cariño verdadeiro.

– Xacobe moito ben falas

  mismo me deixas pasmada

  pero como así dis a todas

  eu non che podo crer nada,

  eu xa sei q’es formalciño

  as mais disllo e a min dismo,

  pro eso non che m’estrana

  que todas che fan o mismo.

– Pepiña qiueroche moito

Eche certo, non che minto

Non digo mais que verdades

Non digo mais do que sinto.

– Xacobe da miña vida

Capitán do meu cariño

O día que nos casemos

Eiche decir d’un niño.

– Si mo dixeras agora

Iballe quita-los ovos.

– Direicho despois mais tarde

Cand’axa paxaros novos.

– Maripepiña querida

Vidiña do meu cariño

Moito mais che querería

Si me deras un biquiño.

– Xacobe ¡xa mo parecía!

Moito ollo, ten cuidado

Vai e sigue o teu camiño

Xa temos todo falado

Si me viñas con esa idea

Xa podes ir gardar as cabras

Non che son daquelas nenas

Que se fian das palabras.

– Xa non me queres Pepiño,

Xa perdín ese tesouro.

– Nin te quererei na vida

Anque te cubras d’ouro.

– Maripepa ¡fora chanzas!

Dime porque non me queres

E senón vai pro muiño

¡o que sobran son mulleres!

– Xacobe, ten ,mais pacencia

Non te poñas enfadado

Sobrandoche atí mulleres

¿para que paras o meu lado?

– Parei por pasal-o tempo

E mais por saber a quen tiña

Mais quero ser afogado

Antes que tu sexas miña.

– Si cheguei a decir algo

Foi só por amolarte

Se pensabas enganarme

Non deche en moi mala parte.

Imaxe

 

Advertisements

2 thoughts on “MARIPEPA E XACOBE (Parrafeo)

  1. Que tal Carlos. Bueno, digamos que é un parrafeo porque é xustamente eso, un parrafeo entre dous mozos. Sería un romance si o diálogo que manteñen fose relatado por outra persoa. Anque ao comenzo nas súas tres estrofas, casi podería considerarse un romance, non o é pois desfaino o parrafeo que manteñen os dous mozos de seguido.
    Decirche que os parrafeos casi manteñen a mesma liña que os romances, versos octosílabos no que os pares repiten a misma asonancia quedando libres os impares, que é a característica principal dos romances.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s