SOBRE OS CUIDADOS PALIATIVOS


CARTA A JUAN MARIA URIARTE GOIRICELAYA
(EX BISPO DE ZAMORA E SAN SEBASTIAN)
Non estaba eu moi disposto a aturar durante o meu repouso vacacional, a un defensor a ultranza do governo frente aos ataques do Barcenas dende a cadea e moito menos someterme a un adoutrinamento relixioso na emisora dos curas, así que con unha man intentei atopar unha emisora menos relixiosa mentras que ca outra, trataba de ganarlle unha partida de parchís a miña filla.
Nesas estaba cando me topei cun sermón do ex bispo de Zamora e San Sebastián, a súa Eminencia Juan Maria Uriarte Goiricelaya, sermón que xa me resultaba coñecido por ser o mesmo que pronuncio no seu día, o seu compañeiro de “feitorías” o Serenísimo Monseñor Blazquez falando dos cuidados paliativos dos enfermos terminais.  O bispo, que parecía bastante cabreado (en algo tiñamos que coincidir), dedicou o seu mitin político-relixioso a poñer a Xesucristo como exemplo do bo morrer “Sen coidados paliativos”, repetíu varias veces, por se alguén se despistaba e non pillaba a súa intención.
A verdade é que casi tentei de cambiar de emisora outra vez, pero como parecía que o bispo estaba tentando que os oíntes razoaran sobre o que estaba a decir, pois eu para non ser menos pois puxenme a elo. E sin perder de vista o taboeiro do parchís pregunteime unhas cuantas cousas, como por exemplo: como sabe este bispo que Xesucristo, si é que existiu, sufriu moito durante a súa morte. Ó mellor é que non se decata de que era Deus, ou fillo de Deus, e que eso condicionao todo, porque é de supoñer que coma un Deus que era, podía modular o seu sufrimento. Ademais non podemos xuzgar o seu comportamento coma un home calquera e como tratan de decirnos, pois él podía morrer e resucitar as veces que quixera, como así foi. Pero ainda hai algo peor ca eso, pois si el quixo morrer e o seu pai quixo que morrese, a crucifixión podería considerarse unha mistura de parricidio, suicidio e eutanasia, anque él sabía que non podía morrer porque era fillo de Deus, osexa, eterno. Non sei que coidados paliativos necesita  ún que elixe sufrir o que quere.

E agora se me permite o Sr. bispo vou falarlle coa seriedade que Ud. meréceme: Supóñome, que cando o operen do cerebro, porque algun dia alguén terá que facelo, vai seguir o exemplo do seu Deus e rexeitará a anestesia, que non deixa de ser un coidado paliativo e dando exemplo do que dí, operarase “a pelo ” como bo cristián sufridor e por “ser de Bilbao” como di o chiste. E mentres e se a min me chegase o caso, faga o favor e deixe que decidan, o meu medico, e a miña familia mais eu. ¡¡ Non decida vostede por min ¡!

E xa para rematar. Cando despois da operación lle volva a cordura, ten a súa eminencia un caso mais importante que resolver en vez de meterse no que non lle importa: Conta a biblia a historia dun pobo moi respondón, o cal foi escollido polo seu Deus como o seu favorito.
Un día, mentres ese pobo vagaba polo deserto, Deus deuse de conta de que andaban fedorentos e desnutridos, xa que lebavan un bo anaco vagando polo deserto, e para aliviar as súas penurias, mandoulles o “maná”, singular manxar que tiña a facultade de darlles todos os nutrientes e líquidos necesarios para unha boa saúde.
E pregúntome, se ante a severa crise que se vive en África, non podería pedirlle ao seu Deus, que todo o pode e todo o sofre, que lles mande ese “maná” a eses milleiros de cativos e maiores que están a morrer de fame, como fixo cos xudeus que tan rebeldes lle saíron.
A pesar de todo, e mentres apago o aparato de radio, pápolle unha ficha a miña filla e conto vinte, mandolle un cordial saúdo e pídolle ó seu Deus que o garde moitos anos polo ben da súa relixión tan demacrada por xente coma vostede mismo, que en vez de coidar dela, anda a meter as narices no que non lles importa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s