UN TRACTOR NOVO


UN TRACTOR NOVO       

Contan alá polo Castelo, que cando empezaron a vir os primeiros tractores para nosa terra e así sustituir ós carros nos traballos do agro, o Xan da Vila foi un dos primeiros en mercar ún.

        O non dispor de cartos suficentes para mercalo, pedíu axuda no Banco e deronlle o importe do tractor, polo que tivo que firmar un bó manoxo de letras para poder pagalo en cinco anos.

        Xan tiña tres fillos, o Anselmo de 21 anos, Antón de 18 e Manuele, o mais cativo de 7 anos.

        Andaba traballando Xan un día cando se lle achegou o seu fillo maior Anselmo e díxolle:

– Papá, habia que mercarme un coche.

-E logo fillo ?.

– É que todos os meus amigos da aldea teñeno, e eu sempre dependo dalgún deles para ir a calquera sitio e quería ter o meu propio.

– Mira rapaz, contestoulle Xan. Acabamos de mercar un tractor polo que tiven que firmar un montón de letras, así que ate que se paguen todas as letras do tractor, hai que andar a pé, todo o mundo a pè.

        Marchou todo cabreado Anselmo por quedar sin coche cinco anos mais.

        Non tardou moitos dias o seu irmán Antón in ir onda o seu pai tamén;

– Papá, habia que mercarme unha moto.

-E logo fillo ?.

– É que todos os meus amigos da aldea a teñen. Eu son o único que non a ten e sempre que vamos as mozas a Lalín teño que ir de paquete na de algún deles.

– Mira rapaz, contestoulle Xan. Acabamos de mercar un tractor polo que tiven que firmar un montón de letras, así que ate que se paguen todas as letras do tractor, dígoche como lle dixen ó teu irmán Anselmo. Hai que andar a pé, aquí todo o mundo a pè.

        Marchou todo enfadado Antón o ter que seguir sin moto e ter que seguir dependendo dos seus amigos para que o levaran con eles.

        Pero vai ti ver que un día, chegou onda o seu pai o mais cativo, Manuele, andaba o rapaz todo contento e díxolle o

ó seu pai:

– Papaie habia que mercarme unha bicicleta.

-E logo fillo ?.

– É que todos os meus amigos da aldea a  teñen. Eu son o único da escola que non a ten e sempre teño que andar de paquete na de algún deles.

– Mira rapaz, contestoulle Xan. Voucche contestar o mismo que lle dixen os teus irmáns. Acabamos de mercar un tractor polo que tiven que firmar un montón de letras, así que ate que se paguen todas as letras do tractor, hai que andar a pé. Aquí todo o mundo a pé.

        Manuele marchou fungando e rosmando pros seus adentros co cabreo que levaba enriba súa. Tan cabreado iba que cando chegou a eira andaba o galo montando unha galiña. Sin pensalo dúas veces, mandoulle unha patada co seu zoco dereito que o fixo descabalgar ó momento mentras lle berraba:

– ¡ Cajondiola ! ¡ Todo o mundo a pé ! ¡Qué dixo o papá que mentras non se paguen as letras do tractor, hai que andar a pé !

¡ i eso vai por ti tamén !

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s