CANTO DO AFIADORE


( Esta é outra versión do “Canto dos Paragüeros” que puxen anteriormente. A música coa que se canta, tamén é a misma )

 

CANTO DO AFIADORE

 

Por toda a región gallega

por calquera sitio que queira

sempre se oen os de Ourense

voceando desta maneira

 

¡ Afiador y paragüero ¡

Arrejlo fuentes e pratos

compro caldeiros de cobre

jomas vellas e farrapos.

 

Pero os que arreglan paraguas

sartenes e porcelanas

tamén teñen a costumbre

de sobir polas ventanas.

 

Miña irmá tiña unha filla

dunhos vinte anos e pico

non a deixaba ter novio

a non ser que fora un rico.

 

Ela ben o merecía

que era unha moza elegante

tiña unha casa moi feita

e un bon lameiro por diante.

 

Como se fora un castigo

ou o diaño que a tentou

que un paragüeiro de Ourense

con sencillez a engañou.

 

Para poder estar con ela

sobía pola ventana

aló pola media noite

cando xa estaba na cama

 

Ó pouco tempo a rapaza

sentíase moi maliña

e eu mesmo lle fun buscar

ó médico da Veiguiña.

 

Deulle fregas na barriga

púxolle indicións de suero

hastra que notou que tiña

principio dun paragüero.

 

Miña irmá e meu cuñado

ó saber ó contenido

berraron de tal maneira

que parecía un alarido.

 

Mais eu funos contemplando

que o chorar é perder o tempo

chamamos o paragüero

e tratouse o casamento.

 

Pero agora o condenado

non se quere sujetar

e sempre lle di as veciñas

¿tedes algo que arreglar?

 

Algunhas non lle fan caso

pero outras vanno buscar

facendo como que teñen

un cravo para remachar.

 

Dice a maestra do pueblo

que é unha persona lista:

non vos hai peor canalla

que eses da terra da chispa.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s