CANTO DOS PARAGÜEROS


CANTO DOS PARAGÜEROS

Eu non sei si será certo,

o que lin nunha revista,

que os mellores industriales

salen da Terra da Chispa.

 

Esas que van o estraperlo,

mais pralá de Canaval,

contan que chegan as chispas,

mais alá de Portugal.

 

Hai rapaciñas en Lugo,

cos sentidos ben privados,

que lles gustan os da chispa,

mais que os que plantan os nabos.

 

Por exemplo a miña filla,

que foi tan dura de testa.

Cantos traballos pasamos,

pra estudiala pra maestra.

 

Estando poñendo escola,

no Val de Lourenzana.

escoitou vocear a un chispeante

e asomouse a unha ventana.

 

Puxéronse de palique,

e de modo e de maneira,

que o pouco tempo, o chispeante,

decía desta maneira.

 

Gracias a Deus que encontrei,

con unha rapaza moi lista,

que comprende que para arreglos,

non os hai coma os da chispa.

 

Arranxoulle as porcelanas,

e tapoulle unha tarteira,

entroulle na habitación,

e pintoulle unha carteira.

 

Varias alaxas de ouro,

e un gabán de tercio pelo,

pero o peor ainda foi,

que llamañou un pequeño.

 

Deixoulle a roda na casa

e unhos talegos de cuero,

por si salía da pinta,

que aprendera a paragüero.

Imaxe

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s