O PARRAFEO DOS VELLOS (Romance de Xoana e Farruco)


Unha vella desdentada,

con un vello se casou

e xa na primeira noite

verán o que lles pasou.

 

Xoana tiña ochenta anos

e Farruco ochenta e dous

tiñan ganas de cireixas

e arrexuntáronse os dous.

 

O mismo día da boda

foronse cedo pra cama

porque a noite era pequena

e a faena era moi larga.

 

E empezaron a faena

os vellos con tanta gana

que no medio do camiño

quedáronse na estacada.

 

Eu ben cho dixen, Farruco,

dixolle Xoana temblando,

nós agora non valemos

para facer este traballo.

 

Estes traballos agora

hai que deixarllos os novos

e a nosoutros que nos dean

pan de trigo, carne e ovos.

 

Bén sabes cando era novo

saltaba coma un carneiro

pero agora, mal pocado,

non dou subido o poleiro.

 

En vez destes traballos

moito mellor nos sería

un plato de papas quentes

para quentar a barriga.

 

Así nos pasou a nós,

que de vellos e acabados

sin ter forza nin alento

queremos facer milagros.

 

A estes rapaciños novos

eu voulles dar un consello

que o que se queira casar

non ten que esperar a vello.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s