ROMANCE PRA DOUS GARDAS DE TRAFICO

ROMANCE PARA DOUS GARDAS DE TRAFICO

 

Veño a lles contar señores,

un suceso acontecido,

na autopista que nos leva,

dende Pontevedra a Vigo.

 

“Non por moito madrugar…”

Di un refrán con razón,

e máis, no caso que conto,

e do que fago mención.

 

Arrinco pra Balaidos,

un sábado polo serán,

coa bufanda no pescozo,

é unha bandeira na man.

 

Pra chegar algo mais cedo,

sendo eu un bó celtista

vou ata ó nudo do Pino,

pra colle-la autopista.

 

E iba cheo de ledicia,

coa bufanda e a bandeira,

entre berros de ¡¡¡Ala Celta!!!,

e cantando a Rianxeira.

 

Nun abrir e pechar de ollos,

chégome a Ponte de Rande

cos nervios a flor da pel,

e c’unha emoción moi grande.

 

E paso a ponte zunbando,

pois xa me eran moito horas,

parecía por momentos,

que fumegaban as rodas.

 

O carallo foi que, xusto!

cando se acaba o carril,

no desvio a Redondela,

párame a Garda Civil.

 

– Boas tardes cabaleiro,

seica vai con rapidez,

pois pasou na Ponte ó límite,

nove kilómetros ou dez.

 

– Verán vostedes señorías,

é que levo algo de presa,

que esta tarde o meu Celtiña,

vai xogar cos da Meseta.

 

– Non nos conte as súas penas,

nin diga seus sentimentos,

pois disculpas como a súa,

escoitámolas a centos.

 

A mais pra súa desgraza,

ó saber que vai pra Vigo,

direille que estes  axentes,

son socios do Deportivo.

 

¡¡ Cajo no demo de Soria !!…

Sin palabras me quedei…

metin a man na carteira,

pra ensinarlles ó carné.

 

Eso sí, moi caladiño,

e aceptandolles a multa,

o pensar que se falaba,

denunciábanme por “Ultra”.

 

E mirade vós que as cousas,

nunca son o que aparentan,

pois ríndose un cara o outro,

isto é o que comentan:

 

-Siga vostede camiño,

e non nos faga moito caso,

vaia animar ó Celtiña,

pra poder sair do paso.

 

Que sendo nós mais celtistas,

que os músicos da Roda

desexamos, gane o Celta,

e o Depor que se foda.

 

Eso sí… con sentidiño!

que onde pon que hai que ir a oitenta,

non hai disculpa que vala,

cando se chega ós noventa.

 

– ¡¡ Malo raio que os parta !!

¡¡ Vaia broma mais pesada !!

Si non fose polo Celta,

íbame de muiñada.

 

¡¡¡ VIVA LA JUARDIA CIVIL !!!,

Berreilles pola ventana,

o saber que me aforraba,

todo o soldo da semana.

 

E o partido foi redondo,

e houbo festa en Balaidos

có Celtiña na primeira,

e ó Depor descendido.

 

I este queridos amigos,

foi o feito acontecido

na autopista que nos leva,

dende Pontevedra a Vigo.

Este romance fixeno durante estas vacacións, anque debín facelo hai un par de meses. O malo foi que as ansias de traballo non foron moitas e as ganas de escribir poucas. E agora que o teño rematado, dedícollo a Garda Civil de Tráfico polo bó comportamento que tivo unha parella para conmigo, e pra que vexades que non son tan malos como os pintan… polo menos os que son celtistas!!!. O suceso aconteceu o día do derradeiro partido do Celta en Balaidos e no que logrou a permanencia en primeira e que provocou o descenso do Depor.

Imaxe

AS TRES FRASES MAIS IMPORTANTES DE UNHA NAI

AS TRES FRASES MAIS IMPORTANTES DE UNHA NAI

Un sábado pola noite, prepáraste para sair de muiñada e vas a túa habitación para os arranxos corporais que te fagan ir coma un pincel. Abres o caixón do armario onde gardas a roupa e buscas os calzóns dos días de festa. Remexes todo pero non os atopas, e entón bérraslle a túa nai que está na cociña:

– ¡¡¡ Miña nai, onde están os calzóns da festa !!!

– ¡¡¡ NO SEU SITIO !!!   (Esta é a primeira frase inconfundible de calquera das nosas nais ante preguntas coma esta)

Volves remexer o caixón, e depaso miras nos outros por si o caso estivesen alí, despacio, con calma e sabendo que si túa nai di que están alí, o mais seguro é que estén alí…pero nada, non aparecen, non están, e entón, volves a berrarlle a túa nai que sigue na cociña:

– ¡¡¡ Aquí, non están !!!

– ¡¡¡ MIRACHES BEN !!!   (Segunda frase inconfundible de calquera nai que se precie)

Pois tés que volver a mirar. Así que, valeiras o contido dos caixóns no chao, e a vista de paxáro, percorres o seu contido coa mirada, despaciño, que non se escape nin ún detalle. Nada, alí non están os calzóns. E volves berrarlle a túa nai:

– ¡¡¡ Miña nai…que non os atopo !!!

– ¡¡¡ A VER SI VOU TER QUE IR EU AHÍ !!!   (Esta é a terceira frase de calquera das nosas nais, e coa que che están a decir que está a punto de ir a habitación co rabo da basoira na man)

E xá con medo a que veña e che dé unhas zoupadas, colles peza por peza do chao e vala metendo outra vez no caixón.. unha por unha, amodiño, sin presa, non vaia ser o demo que:   ¡¡ Coño, pero si están aquí ¡!

¡¡ OS CALZÓS ESTABAN ALÍ, NO CAIXON, ONDE DECIA A MIÑA NAI !!!

As veces, a maioría das veces, pensamos que Deus non existe, e que son as nosas nais, porque non hai outra explicación para tanto traballo, tanta pacencia e tanto cariño.

 

Imaxe

O MEU MUIÑO NON MOE PRA TODOS

MEU MUÍÑO NON MOE PRA TODOS
 

Era unha noite, de chuvia e de frio

a que pasei, no muiño do rio.

 

Toda contenta, empecei a cantar,

pra non ter medo, e a noite pasar.

 

Pun pun…

-Petan na porta, saio a correr

era Merquixo, que viña moer.

 

Entramos pra dentro, e a porta pechou

e un bó desengano, o probe levou.

 

Viña cun conto, levado dos demos

cousa c’as mozas, moito non queremos.

 

O pillo decia:  – Eu quero moer,

no muiño do río, hoxe ten que ser.

 

-Ai Merqueixiño, que pena de dás,

porque sèu quero, ti non moerás.

 

Que no meu muiño, non moe ninguén,

todos o queredes, porque moe ben.

 

– Que moe ben, dirano os tolos,

porque polo visto, non moe pra todos.

 

E si ti queres, pra min moerá

e si non queres, xa che pesará.

 

Pois si me pesa, hei de pousar,

pero por ti, non penso chamar.

 

Porque os homes cativos, eu nos podo ver

e todos que veñen, marchan sin moer.

 

Pero Merquixo, que é un caradura

veuse arrimando, e agarroum’a cintura.

 

Valgame Dios, que apuro levei

que mais adiante, xa vol’o direi.

 

Certo vos digo, que negra me vin,

pra defenderme, d’aquel galopín.

 

Como eu teño xenio, logo me enfadei,

e co aliviadoiro, no lombo lle dei.

 

Boteino fora, e cerreille a porta,

porque pensei, que lle daba unha volta.

 

¡ Probe Merquixo ¡, que mal lle saleu,

que levou na chepa, e mais non moeu.

Imaxe

 

ROMANCE DO DEMO EN PIUJOS

ROMANCE DO DEMO EN PIUJOS

En el Pueblo de Piujos

provincia  de Camanguei

había un pobre labrejo

traballador coma un buei.

 

Tiña este probe home

catro fillos mais ou menos,

entre os cales se contaban,

dúas nenas e dous nenos.

 

A forza de sacrificios

consejiron axuntar

unos cientos de reales

para ir a vranear.

 

Pero unha noite chuviosa,

unha noite del invierno

aparece en el Piujos,

el demonio del infierno.

 

E llevaba aquel malvado

un rovolver nel bolsillo

en la nariz unos lentes

i en los dentes un cuchillo.

 

Y ademas tambén traía

aquel demo condenado,

en el hombro una cospeta

i a la cintura un arado.

 

Aproveitando las sombras

que en aquela noite había

se colou por la ventana

del labrejo Jaremías.

 

Lo primeiro que atopou

foi un jato jrande y nejro

i del tajo que le deu

le hizo un siete en el pellejo.

 

El jato ó verse ferido

comenzou a miañar

i las probes criaturas

tiveron que despertar.

 

A ver os berros que daban

aqueles nenos chorando

aquel demo de ladrón

todos los fue desollando.

 

E meteuse na cociña

e comeuse 10 chourizos

doce nabos, un repolo

e toda a mel dos cortizos.

 

E logo se dirixíu

a la habitación del dono

y ala mujer intentou

ajarrarla por el … moño.

 

Pero hai que tal sorpresa

se llevó aquel ladrón

porque la mujer tenía

el pelito a lo garsón.

 

A las seis de la mañana

la civil llama a la puerta

ajarran al ladron

i le poñen la  condena

el 24 de diciembre

 día de noite buena

y se fue pral calabozo

 

y tanto tiempo estuvo

naquel sitio tenebroso

quel gran malvado morriu

tísico e toberculoso.

Imaxe

CHOVEN BAGOAS EN SANTIAGO

CHOVEN BAGOAS EN SANTIAGO 

E todo se vai nun segundo,

ilusións, proxectos,

xuventude, vellez,

amor, vida…

todo en un só segundo.

En un maldito segundo,

todo convertido nunha bagoa

inmensa, eterna…

Sin volta atrás.

Nunha noite de brétemas,

de orballo e lúa chea,

cando todo era un sorriso,

e o castaño dos meus ollos

reflexaba o resplandor

da inmensa noite, plácida, longa,

ate o mencer do novo día,

de repente…

choven bagoas en Santiago.

 

UN CONTO DOS MUIÑOS

UN CONTO DOS MUIÑOS

        Había unha comunidade na península, onde non se coñecían os muiños d’auga. Pero os veciños souberon que en Galicia si que os había, e que moían moito máis con menos traballo. Así que comunicáronllo ó concello, e acordaron buscar uns técnicos galegos para que montasen un muíño comunal no río, tal como facían eles. Os técnicos montaron o muíño, puxérono a funcionar, cobraron o acordado, e marcharon de volta pra Galicia.
……..Cando os veciños acabaron de moer todo o grao do lugar, caeron na conta de que se esqueceran preguntar como se paraba aquel aparello. Cando quedou valeiro de grao, comezou a andar máis de presa, e mais, e mais, coa roda botando unhas chispas de moito nabo. Pensaron que era cousa das bruxas ou do demo, e que había que chamar ó cura para que botase uns esconxuros antes de que se estragase a maquinaria. O cura, botou os seus responsos sen resultado algún. Canso de rezar, decidiu intentalo por outro camiño:
……..—Xa que non respectas a miña palabra, respectarás polo menos a miña coroa!
……..E agachou a cabeza nunha prolongada avenia. A roda do muíño xiraba a tal velocidade, que enganchouno pola sotana e mandouno de rebolo contra a parede.
……..A xente que estaba alí, liscou ás carreiras asustada. Saltaron por riba da canle do muíño pra fuxir. Entón, unha vella que xa non estaba para moitas carreiras, caeu de cú no medio da canle, cortou a auga e parouse o muíño.
A partires dise día, cada vez que queren parar o muíño, atrancan unha vella na canle.

sin-tc3adtulo3

O ANTROIDO DE QUEIZAN

O ANTROIDO DE QUEIZAN

 

O antroido xa vai vello,

xa vai cheo de arroutare,

e agora de acabadiño

veulle o arrouto de casare,

cunha nena do seu tempo

que o ha de consolare.

 

Hoxe cásase o antroido,

o antroido de Queizan-he,

cunha nena do seu tempo

para pascua de San Xulian-he,

que lle gustan moito os ovos

e ben sabe onde os hai-e

 

Casáronse na cociña,

seica o cura foi o lume

de testigos os trespés,

o morrillo mai-lo fume

e arrimadiños quedaron

e a ver quen os desune.

 

De padriño foi Don Dente

e de madriña a Cachola,

e acompañaron os chourizos,

misturados cas filloas

untadiñas con bó mel,

e que estabanvos ben boas.

 

Seica lle deron de dote

unha cestiña pros ovos,

feita de pelo rizado

que volvía os homes tolos,

ós solteiros e ós casados

e ós velliños e ós mais novos.

Imaxe

CARTA ABERTA O PAPA FRANCISCO

CARTA ABERTA Ó PAPA FRANCISCO        

Eminentísimo e Santo Señor:         

          Diante de nada, vaian os meus parabéns por ser elexido Papa, que anque cada ano que pasa entendo menos o que é eso, parece ser que é vostede unha auténtica personalidade e a cabeza visible de Deus na terra, e de uns cuantos millóns de seguidores, a meirande parte deles no África e nos países Sudamericáns, onde, si lle digo a verdade, non se vé moito a man da Igrexa que vostede preside para mellorar as condicións da vida de toda esta xente, mais ben diría que vostedes valense da pobreza e iñorancia de certos Países para montar a súa ideloxía e perdurar no tempo.

          Din que é vostede mais aperturista, que vai cambear a Igrexa e os inmensos problemas que a afogan dende fai anos, é que por certo non son quén, para decirlle cales son, porque vostede sabe deles tanto como a meirande parte dos que non comulgamos con esas cousas, pero gustaríame que o fixera e que pedira perdón por moitas das cousas que fixo a súa Santa Nai Igrexa… ou o que é ainda peor, que cometeron vostedes, os curas, no nome dela.

         Escoiteille decir a súa eminencia, que vai a rexenerar a Igrexa e facer limpeza no Vaticano despois dos enormes escándalos  que os rodean nos últimos tempos. Xá na súa mensaxe de presentación, ao asomarse no balcón da Basílica de San Pedro e antes de bendecir os seus seguidores, solicitoulles que pediran por vostede a ese Deus que seica está ahí, pero que nunca aparece para solventar algún dos problemas que os corroe.  Tamén din que como Arcebispo de Bos Aires non vivia no pazo cardenalicio senón nun piso normal e corrente e que seica iba traballar todos os días en autobús e que se facía vostede o xantar… osexa como facemos a maioría dos mortais vaia, non sei onde está o raro, e mais, cando vostede non ten familia que manter e cando é o representate de unha persoa que naceu nun pesebre. Osexa que o que para calquera dos que andamos a pé, é unha cousa sinxela, para os seus é un milagre de Deus que actúe así.

          Si, eu xa vin a Súa Eminencia Reverendísima lavandolle os pes a enfermos de sida, xantando cos probes e falando pestes en contra do capitalismo, o consumismo e a lóxica perversa da economía de mercado. Pero é que mire, un xa está farto de tantas palabras, porque falar non costa nada, o problema é que os feitos, non se ven por ningures e siguen vostedes enchendo as arcas a todo trapo (mire as maletas cheas de euros que tiñan na Catedral de Santiago), e siguen sin pagar os impostos que todo mortal paga, e siguen a ter os colexios mais caros que hai sobre da terra e onde estudan os fillos dos ricos e nos que os dos probes non poden ni asomarse, e siguen a presumir de que teñen o maior centro de acollida de xente necesitada “Caritas”, cando vostede sabe que a Igrexa, é a que menos contribue a ese centro que se mantén grazas a aportacións e axudas externas.

          Eu entendo que diga así as cousas e que fale de modernización e aperturismo, porque sinón meu amigo, non pasando moito tempo, van ter que pechar o “chiringuito” por falta de clientela.

          Pra moitos galegos seica é unha ledicia que vostede, sendo arxentino, fose nomeado Papa por eso de que a Arxentina, sempre foi considerada a quinta provincia galega, e no seu País todo o mundo é galego, anque eso leve unha retranca da que vostedes se apropiaron indebidamente, e ca que tampouco estou de acordo, por utilizala no senso degradante que vostedes lle dan, e mais cando ó mellor os vivos das viudas que decía a nosa gran poetisa Rosalía, foron os que axudaron a levantar o seu País e facelo próspero.

          Pois mire Santísimo Señor, e xa para rematar, fai uns anos que dende distintos puntos, levanlle pedindo a Igrexa que vostede preside, que pida perdón por algunhas das cousas nas que meteu a pata ate o cú (Pederastia, compricidade coas Dictaduras mais duras etc. Etc.) pero eu quixera, apelando a súa galeguidade da Quinta Provincia, que tivera a ben pedirlle perdón públicamente, as nosas mulleres, as mulleres galegas, a esas que durante moitos anos, non podían entrar na súa Igrexa sin un pano na cabeza que tapara o seu… pecado????, que non podían faltar a Misa porque o cura estaba pendente da que acudía e da que non, desa muller traballadora a que os galegos lle debemos tanto e dos que recibiron tan pouco, e das Nosas mulleres que cometeron o “gravísimo pecado” de quedar preñadas sendo solteiras e as que os seus curas condenaron o inferno en vida. Moitas delas, tiveron que abandoar a Aldea, o Concello, a Provincia, Galicia e marcharse pra Arxentina, esa de onde ven vostede… e ben sabe Deus que sei do que falo pois o meu Pai sufríuno nas carnes de unha irmá, cando o seu grande pecado foi ter un fillo… crear vida, esa da que a vostedes se lles enche a boca defendendoa cando lles interesa.

          De verdade Papa Francisco, non estaría demais que vostede mandara unha notiña escrita da súa man, para que os seus subordinados nos centos de Igrexas que temos espalladas ó longo da Nosa Comunidade, lesen na misa dos domingos con unha sinxela mensaxe, “sentimos moito o erro e abusos cometidos polos curas que perteñecen a esta Igrexsa e que asolaron, ultraxaron, vilipendiaron e mandaron pro mais negro dos infernos, as mulleres galegas durante tantos anos de sombras e oscurantismo, amenazandoas con toda clase de castigos e infernos habidos e por haber”

          Como se diría naqueles anos que lle comento… é gracia que espero alcanzar de vostede, desexando que o garde o seu Deus moitos anos, para endereitar algo ese camiño retorto polo que vostede vai camiñar nos anos vindeiros”.

Imaxe

ROMANCE PRA ANTON E SABELA (2001)

ROMANCE PRA ANTÓN  E SABELA

(Pra Antón, Sabela, e as súas fillas Maruxa e Lucía) 

Xa de cativo, ó Antón,

moito lle gustaba a misa.

Nona perdía un domingo,

xunto a súa tía Luísa.

 

E axudaba ó cura en todo,

moito mais do que podía,

ate iba tocár campás,

nada mais romper o día.

 

E seu pai ó ver no fillo,

semellante vocación,

mandouno pro seminario:

– ¡¡ Vai pra cura o meu Antón !!

 

E él era moi aplicado,

ninguén pode decir non,

xa o decían seus mestres,

ó perguntarlle a lección.

 

Pero vai ti ver cas cousas,

torceronse de contado,

cando un dia pola festa,

tivo a Sabela o seu lado.

 

Non se sabe ben porqué

que rematado o verán,

non quixo seguir pra cura,

anque o levaran da man.

 

As linguas marmuradoras,

non tardaron en falar:

¡¡ As mulleres de hoxe en día

non fan mais ca enredar !!

 

Seica Sabela bailando,

meteu a perna entras dél,

é o probe do Antonciño,

derretíuse coma o mel.

 

Pra enfriar algo botouse,

de cabeza  ó Rio Sil.

Seica alumeaba na noite,

coma se fose un candil.

 

O caso foi que nun intre,

atopou a solución:

Mandou pró carallo ós curas,

e esquenceu a vocación.

 

¡¡ Que mala sorte pra casa !!

Decía o Pai polo fillo,

¡¡ Tiña vocación de cura,

e quedouse en monaguillo!!

 

Pois como ben sabedes todos,

quen tiña na casa un cura,

xantaba bistés a diario

e non miraba pra verdura.

 

Hoxe atopeino rozando,

nas silveiras dun balado:

-Teño conmigo a Sabela

e dúas fillas ó meu lado.

 

Parabéns amigo Antón

polo feito acontecido.

Ó carallo a vocación,

e aquí tés un bó amigo.

O ROMANCE DE DON IGNACIO

ROMANCE DE DON IGNACIO

       Letra; David Iglesias

       Arranxos; José iglesias “Buxán” e  X.L. Rivas “Mini”

Oíde rapaces a historia

que sucedeu neste Estado,

dictaron normas moi duras

e eu non vou quedar calado.

 

Logo de unha noite escura,

nunha mañá tenebrosa

saíron vellos vampiros

agredindo a lingua nosa.

 

Cando pola media noite

o pobo estaba dormido

saíu con malicia Ignacio

Wert ten como apelido.

 

Trae unhas leises inxustas

feitas con normas moi duras

propias de xente maligna

reaccionaria e caradura.

 

Xa podes rezar d’abondo

e mirar ben pro maestro,

vas ter que subi-la media

aprendendo o Padre Nuestro.

 

Prestademe atención,

non lle fagan ningún caso,

hai que levalo con gracia

e con retranca de paso.

 

Xa me vou ir despedindo,

o silencio non é opción,

non vos quedar calados

ante calquer agresión.

 

Esta vai por despedida,

esta vai por derradeira,

hai que berrar contra a Lomce

que non hai Diós que a queira.

Imagen

Imagen