OS CEGOS E OS SEUS CANTARES (O crime do Rabiño)


          Unha das imaxes mais características da nosa música tradicional, é a dos cegos, que facendo de herdeiros dos trobadores, cantaban romances, cantigas  e coplas, sendo úns auténticos cronistas da época.

          Aparecían os días de feira nas plazas das vilas e nas rúas mais concurridas e contaban as novas das aldeas e pobos de Galicia. En Pontevedra, sempre había ún na Plaza Curros Enriquez diante da antigua Ferretería Varela, pois era o sitio de paso de moita xente cara a Praza de Abastos, o que facía desta praza un sitio moi concurrido, e algunhas outras veces e cando chovía tamén me lembro de outro debaixo dos soportais da Praza da Verdura. En Lalín, lembro a algún na rúa principal diante de un cine e o carón de un limpabotas e un afiador, anque onde mais estaban era na entrada da Feira Vella. En Vilatuxe, na antigua feira dos Carballiños lembrome de ún ò carón de un enorme carballo que hai na rúa principal.

          Vestían unha capa oscura e mugrenta, ún pucho e usaban gafas redondas e negras pretendendo así chamar a atención da xente para obter unha esmola. Acompañábanse de un violín ou unha Zanfoña (coñecida como a irmá pobre do violín), a súa voz era moi nasal e carraspeira, a linguaxe que utilizaban  era moi sixela e facil de entender.

Imaxe

          Os temas sobre os que escribían os seus cantares eran moi variados predominando, os crimes acontecidos por roubos, crimes paixonais, os amores dos mozos das aldeas, amores prohibidos, aventuras amorosas dos curas,  a valía dos homes, picaresca, contos dos bandidos etc. Escribíanos en galego anque a hora de interpretalos, facíano en castrapo facendo o cantar mais chamativo e mais característico.

          Algunhas veces, acompañabanse de un rapaz que lle axudaba a vender as coplas, a pasar o pucho pras esmolas e con unha vara iba sinalando as viñetas que pintadas nun cartelón, iban explicando o cantar que interpretaba o cego. Non me lembro dos prezos das coplas, pero debía ser moi asequible porque vendían moitas e eu sempre mercaba todas as novas que traían.

          Ó cego que cantaba na Praza da Verdura en Pontevedra, merqueille unha vez (ainda o conservo) un cuaderniño con 10 follas atados con un cordeliño de atar os chourizos, cada folla con unha copla o prezo (que o pon na primeira folla) de 1,25 Pts. Anos despois, en Camiña (Portugal), atopei un cego cantando nunha praza con unha guitarra, que vendía estes mismos cuaderniños e que me dixo que en Portugal coñecíanse coma a “Literatura popular do Cordel” (ou algo así). Os que tiña él, ademais das letras tiña os dibuxos correspondentes o cantar e duas ou tres follas dedicadas as tradicións da vila.

          Ó desaparecer as feiras desapareceron con elas os Cegos, pero hai moita xente por Galicia en diante que ten recopilacións moi fermosas destes cantares tan populares e tan nosos.

          Pouco a pouco irei poñendo moitos dos romances, cantares e coplas que eu teño e vou empezar por ún moi popular polas terras de Ourense e que eu aprendín xa fai moitos anos na Taberna do Cuco en Velle. Poño tal como se canta e non como se escribe.

O CRIME DO RABIÑO

En la villa del Rabiño,

provincia de Cortejada,

habitaba un matremonio

modelo de fe cristiana.

 

El esposo es don Joaquín-he

y la esposa doña I-ana

y tenían los aforros

metidos en una i-arca.

 

A eso de media noche

cuando el jalo aun no cantaba

llejaron los creminales

por la puerta de la entrada.

 

Y al can que a la puerta estaba

y que la puerta jardaba,

le pejan un puntapé-ihe,

y le esmendrellan las entranas.

 

Y en el piso principal-he

la criada daba jritos

sin que nadie la acodiera

ni los mesmos angelitos.

 

Y la mulieron a palos

y le cuspiron la cara.

y le encheron la boca

con catro xarjóns y una almohada,

 

Un mantelo de oito puntas,

un cobertor y una sábena

y collendoa das jedellas

la chimpan por la ventana,

 

Indo a parar de fuciños

donde estaba la estercada.

y allí entre malos olores,

la pobre entrejó su i-alma.

 

Padres que tenéis hijos,

hijos que van a la escuela,

no olvideis que es necesario

tener en casa a la suejra

 

Porque aunque a veces os rife

o os peche nen la artesa

jardará mellor la casa

que un buen perro de presa.

Advertisements

2 thoughts on “OS CEGOS E OS SEUS CANTARES (O crime do Rabiño)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s