O REPARTO DAS TROITAS


     Isto sucedeu xa fai moitos anos na Parroquia de Cadrón  en Lalín.

     Alí vivian dous curmáns Heladio e Emilio, que a pesar de andar sempre a rifar ún co outro, levabanse moi ben e queríanse moito.

     Heladio, era o mais vello dos dous e anque non era moi listo era moi habil coa cana de pescar. Emilio era algo mais listo pois fora a escola de cativo, pero non daba pillado unha troita.

     Foi o caso que un día Emilio propúxolle ao seu parente ir pescar unhas troitas ó Rio Arnego e acordaron repartir as que pescasen a partes iguais o remate do día. Tal como era de esperar Heladio colleu moitas máis pezas. Pero un trato é un trato. Para facer o reparto apuntouse axiña Emilio, decindo que él era de números, que para eso fora a escola de cativo. E así foi:

—Unha pra min, outra pra ti, outra pra min… contaba en voz alta.
—Unha pra min, outra pra ti, outra pra min; unha pra min, outra pra ti, outra pra min; unha pra min, outra pra ti, outra pra min…
E así ata repartir coa súa peculiar picardía un total de cincuenta e oito peixes.

     Ao rematar, mirando Heladio para un e outro monte de troitas, e quedando pampo ao ver que a parte do seu curmán era ao menos o dobre da súa, dixo abraiado:
—¡Manda carallo nabana, Milio!, se non chas vise contar pensaba que me engañabas.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s