O RIO ARNEGO


O Río Arnego è un afluente do  Ulla que  nace na Serra do Faro, nun monte ó que chaman a Pena de Francia. Discurre polos concellos de Rodeiro, Agolada, Lalín e Vila de Cruces, facendose grande despois de recibir os regatos de Rodeiro, Alemparte, Gurgueiro, Parada, Cadrón (Río das Abellas) e Vilariño entre outros, atravesa lugares tan fermosos como O Sobreiral do Arnego en Carmoega,  zona de especial protección dos valores naturais.

Xuntase en Brocos co Ulla no embalse de Portodemouros, alí acaba o seu percorrido de 60 Km. mais ou menos.

Na Ponte Vilariño , e na parroquia de Cadrón , a que perteñece a miña aldea do Castelo, abraza os concellos de Lalín é Agolada, un fermoso lugar onde o río é aínda mais fermoso. Nese sitio, de cativo, bañeime moitas veces nas súas augas e pillei as miñas primeiras troitas.

Co andar do tempo, nun remanso  o pé da ponte, fixeron unha area recreativa.  Alí   xunto coa miña guitarra, teño pasado bós ratos. Algunha canción e algún poema ten nacido nese lugar ó compás do rumor das súas augas.

O poéma  fíxeno alá polo ano 76.

 

O Rio Arnego,

o meu rio.

A miña melodía

de cativo.

Claro, cristalino, sen retorno.

Bravo na Ponte Vilariño

de escuma branca no seu leito,

e do ceo reflexado en seus remansos.

Abríndose paso entre montañas,

agochado entre vidros é ameneiros,

ferido entre penedos,

cara o Ulla,

sen descanso.

Abrazando os seus regatos,

e dando vida ó seu entorno

verde, fermoso,

bicando a miña pel

entre os seus beizos,

e deixando unha bagoa

en cada herba.

Pra ir morrendo

entre augas mais escuras,

nese inmenso mar

que nunca houbo,

que foi feito

pra abrazar a súa gorxa,

e rematar ferido nesa presa…

onde perde a súa forza!

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s