MARIA DO OUTEIRO


Maria do Outeiro seica tiña uns peitos moi grandes, tan grandes coma os dous penedos mais grandes da Cima da Costa.

      Era unha gran devota da Virxe do Corpiño,  santuario ó que iba todos os anos para escoitar misa e facer a procesión detrás da Virxe.

      Anque non era de moitos cartos, sempre tiña algunha peseta daquelas de antes de papel para espetarlla no manto da Virxe, pedindolle o favor de atoparlle un mozo casadeiro. Ela sabía que non era a Virxe axeitada pra conceder estes desexos, pero contaba con que lle botase unha man diante da Virxe encargada de tales asuntos..

      Un ano, e en vista de que as súas pregarias non tiñan o fin desexado conseguiu axuntar dez pesetas…(a ver si o problema era por cartos e facían falta algúns mais).

      Envolveunos nun anaco de papel de estraza, meteu o paquete no seu corpiño, colleu o  autobús de Lázara e alá marchou no día grande do Corpiño para espetarllos no mando da Virse, a ver si así, ese ano e de uhna vez por todas, aparecía o mozo que tantos anos lebava buscando.

      Escoitou a misa con toda a devoción do mundo, e cando saíu a procesíón, púxose ó carón da virxe e meteu a man no seu corpiño para sacar as pesetas que levaba envoltas no papel, e espetarllas no manto para completar a súa pregaria.

      Pero vai ti ver, que o paquetiño xa non estaba alí ¡¡¡ alguén llo había roubado !!!

      Desesperada e chorosa, foise a onda a parella da Garda Civil que por aqueles tempos vixiaban as festas mais populares da Nosa Terra, e contoulles  o roubo do que había sido víctima.

     – Pero vamos a ver mulleriña, vostede non se decatou de cando lle meteron as mans nas tetas ?  díxolle un dos gardas.

     – Ai…si señor si,  eu dinme de conta no momento, pero nunca lle pensei que fosen con tan mala intención.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s