FUTBOLISTAS MULTIMILLONARIOS


Que un futbolista como Messi defraude a Facenda (Sempre e cando sexa certo, pois como todo o mundo ten dereito á presunción de inocencia) a verdade é que dá que pensar, e un pregúntase iso tan resabido de se “a avaricia rompe o saco “. Ben, antes fixérao outro deportista coñecido como o Duke Empalmado, e unha tenista e uns cantos mais, polo que me pregúnto se dunha  vez por todas, os que vivimos dun mísero soldo xa non somos os únicos cabreados porque nos miran as nosas contas cun telescopio preparado para o descubrimento de galáxias, e se a nosa Facenda estará a seguir o exemplo de Falciani e será capaz de xogarse o tipo enfrontándose ao gran capital, aos seus administradores os bancos, aos paraísos fiscais que protexen a políticos, mafiosos, ladróns, traficantes corruptos, e un longo etcetera de individuos sen conciencia nin moral.
Pero todo isto lévame a outra pregunta; Por qué un futbolista ten que gañar duascentas veces mais que un mariñeiro ou que un albanel?. Supoño que porque somos idiotas e punto, porque sinón non o entendo.Hai uns días chega a España un futbolista brasileiro, Neymar, que custou non sei cantos millóns de euros, veu no Jet privado de Julito Iglesias, gastos pagados para él, os seus amigos, noiva e demais acompañantes, presentano no Nou Camp e resulta que acoden á súa presentación 60.000 vociferantes afeccionados
.

 Vendo esta noticia no Telexornal pensei no número de persoas asistentes ao acto que estarían no paro, sen traballo, pasandoas canutas para poder chegar ó remate do mes e que en vez de estar na rúa protestando fronte ao Ministerio correspondente, están de festa e gozando como ananos da presentación da “figura”, que non é un médico, mestre, químico, investigador etc. que ten que marchar do seu País porque nel non ten traballo, non, el vénse ao noso País porque aquí, gana mais nun ano que alí en toda a súa vida.

Polas súas formas e maneiras non parece ter moita cultura pero traballou dende pequeniño dandolle 500 patadas a unha pelotiña sen que tocase o chan das rúas de Brasil e agora é multimillonario. E claro na súa presentación, para demostrar o moito que traballou ao longo da súa vida e o aplicado que foi, pois lle deu unhas cantas patadiñas á pelotiña ante o xúbilo dos asistentes e os seus berros de admiración.
Pero o que mais me chamou a atención foi o ben desenvolvido que é en idiomas, «Bona tarda a tothom! dixo ao entrar no estadio…buah, que barbaro, que alarde de sapiencia e con qué xúbilo o celebraron os asistentes ao evento, nin que estivese dando un discurso de como rematar co paro.
E volvendo aos parados que había na devandita presentación, estou preguntandome se ao día seguinte, seguirían sendo felices pola cantidade de millóns que vai gañar o seu ídolo ou se volverían á amarga rutina diaria de saír á rúa a buscar traballo, ese traballo que seguramente perderon porque a algún cabeza quente se lle deu por “perfeccionar” unha reforma laboral.
Pois nada, que teñan moita sorte e que ogallá encontren ese traballo que lles saque da amargura de vivir na corda frouxa e se non é así, que non se preocupen, dentro dun par de meses, volverán ser felices berrando ¡ ¡ GOOOOOOOOOOOL, DE NEYMAR!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s