ROMANCE DO REI E A PRINCESA


Pois seica estaba en boca de todos dende facía tempo. Un romance en Palacio ás agachadas, amores na palleira como decimos por Galicia,  o malo  é que estaba no obxetivo de moitos fotógrafos é periodistas, e claro, tanto vai o balde á fonte que acaba por rachar. As cousas saíronse de nai cando se descubre que o traballo producido era pouco comparado coa vida pai que levaba este home. Pero sendo un Rei con gran intelixencia, solucionou o asunto con unha gran frase pra posteridade:  “ LO SIENTO MUCHO, ME HE EQUIVOCADO…NO VOLVERÁ A OCURRIR”.  E a min, conmoveume tanto esta historia amorosa que non puden deixala pasar sin facerlle un romance: 

O ROMANCE DO REI E A PRINCESA

 

Son cego de nacemento,

miña cegueira é total,

o que non é impedimento

pra mirar mais do normal.

 

Doume conta polo tanto

de que a cousa non vai ben

e dos asuntos de palacio

non nos libramos ninguén.

 

Xa temos na realeza,

dous afamados mangantes,

sendo un deles unha filla

do que mataba elefantes,

 

que en vez de coidar da casa,

abríase de petrina

cada vez que se atopaba,

nos pasillos coa Corina.

 

¡¡ Carallo pro elefantista !!

Vaia gusto refinado:

unha conta na Suiza

e unha “rubiales” ó lado.

 

E mentras tanto en Palacio,

onde ninguén sabía desto.

facían vida normal,

sin preocuparse do cabestro.

 

Pero vai ti ver que a sorte,

non a iba ter inteira,

e nunha caída moi tonta

fracturóuselle a cadeira.

 

Non había chegado ó chan,

e xa se soupo da noticia.

Confirmárona despois

ó Felipe e a Leticia:

 

“Nuetro padre se ha caído

en una de las habitaciones,

cuando estaba en cumplimiento

de sus mil obligaciones”

 

Pero nós non somos parvos,

e dámonos conta enseguida

de que en vez de traballar,

¡¡pegábase la gran vida !!

 

E facendo viaxes privados,

cando a el lle viña en gana,

iba  matar elefantes

ás reservas de Botsuana.

 

E non iba solo, non,

que iba ben acompañado,

coa escopeta ben cargada

e a “rubiales” ó lado,

 

que antes de viaxar lle dixo:

Meu querido… vida miña,

alúgame un “chaleciño”

para terme por veciña.

 

Cousa que fixo o cabestro,

sin perder un só segundo,

sin sospeitar que mais adiante,

saberíao todo o mundo.

 

¡¡ Manda carallo nabana !!

Dixo a raíña o sabelo,

este home anda salido

ou  quereme tomar o pelo.

 

A rubiales descuberta,

en semellante fazaña,

fixo as maletas nun intre

e volveuse pra Alemaña.

 

Que tendo a vida resolta,

e un lustroso par de tetas,

importalle tres carallos

o paisano das muletas.

 

E ó saberse destas cousas,

e analizandoas despacio

a ún entralle a risa

do que pasaba en Palacio.

 

Agora a ninguén lle estrana

que abandoase o fogar,

aquel espigado tipo,

Conde  de Marichalar.

 

Que farto debía estar

daquela esmendrellada vida,

a ninguén lle estranou nada

que se adicase a bebida.

 

E ate aquí chegou a historia

deste ceguiño total,

que tan pronto soupo do asunto

quíxovolo contar.

 

Como  non teño lazariño,

pra pedirvos o aguinaldo,

debédesme cada ún

unha taciña de caldo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s