PREGARIA A SAN XOSÉ


Esta pregaria naceu polo día do meu santo (o santo Pepiño) para felicitarme a min mesmo. A pregaria só tiña os seis primeiros versos, pero como teño moi “bós amigos” e sabendo de que pé coxéo, dixeronme que parecía un poéma inacabado e que debía baixar o santo do pedestal onde se atopa, e convidalo a unhas cuncas de viño tinto do Ribeiro, e completar o poéma  para lerllo mentras lle botaba úns grolos… como non me gusta nada que me insistan, aquí tedes a pregaria inteira.

PREGARIA A SAN XOSÉ

A San Xosé, como é tan vello,

ninguén lle quere rezar,

mais él como é tan sabio

non dá queixa ningunha,

e vai bebendo das cervexas

que lle deixan no Altar.

 

E anque  moi agradecido,

sempre dice con razón:

– ¡¡Que ben viñan coas cervexas,

unhas lescas de Xamón!!

 

Que pra eso estou erguido

nese frio pedestal,

mentras que a algún non lle vai mal,

papandose un bó cocido.

 

Non teñamos mais pena dél,

que seica vai tomar medidas,

pois non pode ser que o santo,

se contente cunhas birras.

 

Ben sabe que algúns devotos,

non lle fan ningún asco,

a un par de chourizos criollos,

e a unhas racións de churrasco.

 

E cando rezan eso que dí:

“Pai  noso que estás nos ceos…”

en vez de santificar seu nome,

procuranse uns vasos cheos,

que din que a carne sin viño

non fai boa dixestión,

e coa disculpa do Santiño,

deixan o garrafóns valeiros

coa mellor das devocións.

 

En confianza San Pepiño:

a vida dun santo non é vida,

e esta vida non é pra un santo,

i eu che digo polo tanto,

que baixes do pedestal,

e que poñas os pes na terra,

onde non se está nada mal.

 

E date por convidado,

a unhas cuncas de bó viño,

para que molles a palleta,

e lle cantes  ”O Miudiño”.

Amén.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s