PREGARIA A SAN XOSÉ

PREGARIA A SAN XOSÉ

A San Xosé, como é tan vello,

ninguén lle quere rezar,

mais él como é tan sabio,

non dá queixa ningunha,

e vai bebendo as cervexas

que lle deixan no Altar.

 

E anque é moi agradecido,

sempre dice con razón:

– ¡¡Que ben viñan coas cervexas,

unhas lescas de Xamón!! 

Pra mantenrme sempre erguido,

neste frio pedestal,

mentras que a algún non lle vai mal,

papandose un bó cocido.

 

Non teñamos pena dél,

que seica vai tomar medidas,

pois non pode ser que o santo,

se contente cunhas birras.

 

Ben sabe que algúns devotos,

non non poñen cara de asco,

a un par de chourizos criollos,

e a unhas racións de churrasco.

 

E cando rezan eso que dí:

“Pai  noso que estás nos ceos…”

en vez de santificar seu nome,

procuranse uns vasos cheos,

que din que a carne sin viño

non fai boa dixestión,

e coa disculpa do Santiño,

deixan o garrafóns valeiros

coa mellor das devocións.

 

En confianza San Pepiño:

a vida dun santo non é vida,

e esta vida non é pra un santo,

i eu che digo polo tanto,

que baixes do pedestal,

e que poñas os pes na terra,

onde non se está nada mal.

 

E date por convidado,

a unhas cuncas de bó viño,

para que molles a palleta,

e lle cantes  ”O Miudiño”.

Amén.

Imaxe

O MEU AMIGO ANTON DE MEAÑO

Que ledicia atoparme días atrás con él, e conpartir un par de cafés.

E non deixou que convidase eu, porque recén cumplidos os 80 anos, dí que xa non ten polo que aforrar, pois non ten netos, e a única filla coa que convive na Urbanización de Monteporreiro – Pontevedra, arranxase soa e non necesita dos seus cartos. A única necesidade que tiña según dí, era mercar un “Chalet” no Cemiterio de Meaño pra descansar o carón da súa Dona de tanto traballo o traveso da súa longa vida, e xa o ten pagado jejeje. Que gran home. Canto temos que aprender dos nosos vellos.

É  aparellador xubilado, toda a súa vida traballou de aparellador, dende que tiña catorce anos e o seu Pai o levou o mar pra axudarlle nas labouras do barco, pois na casa había nove bocas que manter e él era o mais vello. Sempre dixo que era aparellador porque durante corenta anos foi o encargado de manter en condicións os aparellos dos barcos “Laberca I e Laberca II”  dedicados a pesca da Sardiña e con  base en Portonovo jaaaaaaa… aparellador, deciallo a calquera que lle preguntara polo seu oficio.

 Gran amante da música galega sempre aparecía nos concertos de Fuxan os Ventos, sempre se achegaba a min e me decía “Lalín, hoxe terás algo para min ¿ou? “ E sempre lle tiña algún casette con que agasaialo porque él casi non tiña tempo de mercalos. No seu Renault 11 gris plata, tiña o asento do lado do chofre, cheo de cassettes de música galega misturados con alguns de rancheiras e outros de Manolo Escobar.

Facía uns dez anos que non o vía, pero sentín unha gran ledicia compartir con él hora e media de leria e na que falamos de todo. Agora ten un gran disgusto porque dí que lle van pechar a Sucursal de CaixaNova en Monteporreiro que é onde ten os seus cartiños.

“Lalín… van pechar a Sucursal de CaixaNova en Monteporreiro, así que primeiro quedamonos sin aforros e agora quedarémonos sin Caixa tamén”. Son as súas palabras textuais. É un dos afectados polas preferentes,  24.000 euros do seu suor.

Moitas grazas Antón, por chamarme (eu casi non o coñecía) cando me crucei contigo na Praza da Ferrería, e moitas grazas por esa hora e media que me dedicaches do teu tempo que sigue a ter un gran valor. Si ese Deus no que crees existe de verdade, pidolle que te manteña moitos anos con esa alegría que tés.

Unha aperta.