ROMANCE PARA UNHA MOZA DE PALIO


ROMANCE PARA UNHA MOZA DE PALIO

Canto me gustaba a min,
aquela moza de Palio,
e moito rabiéi por levala
a planta da luz de Natalio.

Día sí, e outro tamén,
eu insistíalle sempre:
– Eche moi importante ver,
como se fai a corriente!

E a ela, tan desconfiada,
dáballe a risa e dicía,
– Se o que queres, é ensinarma,
lévame coa luz do día.

Mais eu…  tumba que dalle!!
dende Palio ata Cancelas,
con un fachuco nas maus,
e no bolsillo unhas velas.

E cando caía a tarde,
cando o sol xa se poñía,
miraba pra min dicindo:
– Está rematando o día!!

Lévame de volta pra casa,
que che coñezo as ideas…
e nada dir polo monte,
xa que as tés un pouco feas.

I eu como ben mandado,
prendía lume a un cigarro,
e “botando fume” levaba
polos camiños do carro.

Deixaba leda na casa,
e voltaba coma un lelo,
camiño de Rodís e Cangas,
ata chegar o Castelo.

Iba direito a lareira,
e sentado a carón do lume,
pensaba de novo na moza,
e volvía botar mais fume.

E o cabreo era tan grande,
que logo me iba pra cama,
despois de limpar os zocos,
que traía cheos de lama.

Gardaba fachuco e velas,
e pensando pra min dicía:
– Non me axudou San Estevo,
porque hoxe non era o día!

E con iso, eu contentaba,
e pensaba de seguida,
que andando un pouquiño ó tempo,
enredaría na porfía.

O Castelo; A miña aldea natal e que perteñece a Parroquia de Cadrón.
Palio, Cangas, Cancelas e Rodís; Parroquias da outra veira do Río das Abellas, a onde ibamos de rapaces as festas.
San Estevo; O Santiño patrón da miña parroquia de Cadrón.
Fachuco; Atadallo de palla seca ao que se lle prendía lume para alumear de noite os camiños.

A planta da luz do Sr. Natalio, estaba (e segue alí) no Río das Abellas, augas abaixo da Ponte que une O Castelo con Cancelas, e no fondo dos montes de Rodís. A planta foi feita para levar electridicade a úns muiños que se fixeran no lugar do Vento, na parroquia de Bermés. 

 El 23 de julio de 1948, la Dirección General de Obras Hidráulicas otorgó la concesión para derivar un caudal de hasta 300 l/s con destino a la producción de energía eléctrica en el lugar de Castelo, parroquia de Cadrón, Lalín, a favor de Natalio Cumplido Fernández.

(DOG Núm. 101 Viernes, 27 de mayo de 2005 Pág. 9.229) 

Tempo despois, e como o Sr Natalio vivía no Castelo, levou á electricidade á aldea.

No ano 1994, cambiou de dono e reformouse. Agora perteñece a Hidroeléctrica de Lalín, S.L.,  xa fai moitos anos que non vou por alí.

No ano 1974 fixenlle un Romance a unha rapaza no que falo de  “a planta da luz do Sr. Natalio”

 

Imaxe

 

2 thoughts on “ROMANCE PARA UNHA MOZA DE PALIO

  1. Que recuerdos da nosa niñez pasamos por esas aldeas íbamos o Castelo desde a querida aldea de Erbo por San Pedro a pastelería facer o manguito con mina nay Consuelo e con otras nais vecinas cos nenos como éramos nos.
    Hay un gran refran que di
    O que no vay o San Pedro a ERBO e no pasa por Palio e Rodis leva o demo nos cadris.

    • Jaaa. Coñecía ise dito Pablo, ata me parece que o teño publicado nun libriño.
      Polo manguito e o brazo de xitano, ibase ó Castelo á casa de Casares.
      Viñan alí, de todas as parroquias do Deza, e ainda hoxe, que segue Celia de reposteira de calidade suprema.
      Xa fai tempo que non paso por Erbo, anque teño papado algún que outro churrasco en Palmou.
      Cando atraveso de Bermés ó Castelo, sempre vou por aí. I é unha ledicia ir mirando pras nosas aldeíñas de sempre, e falando con algún que outro veciño dque me coñece dende os tempos de Fuxan.
      Unha aperta, meu amigo!!! E grazas por lembrarme o de:
      “O que vai ó San Pedro a Erbo, e non pasa por Palio e Rodis, leva o demo nos cadrís.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s