ROMANCE PARA UNHA MOZA DE PALIO


ROMANCE PARA UNHA MOZA DE PALIO

Canto me gustaba a min,
aquela moza de Palio,
e moito rabiéi por levala
a planta da luz de Natalio.

Día sí, e outro tamén,
eu insistíalle sempre:
– Eche moi importante ver,
como se fai a corrente!

E a ela, tan desconfiada,
dáballe a risa e dicía,
– Se o que queres, é ensinarma,
lévame coa luz do día.

Mais eu…  tumba que dalle!!
dende Palio ata Cancelas,
con un fachuco nas mans,
e no bolsillo unhas velas.

E cando caía a tarde,
cando o sol xa se poñía,
miraba pra min decindo:
– Está rematando o día!!

Lévame de volta á casa,
que che coñezo as ideas…
e nada dir polo monte,
xa que as tés un pouco feas.

I eu como ben mandado,
prendía lume a un cigarro,
e “botando fume” levaba
polos camiños do carro.

Deixaba leda na casa,
e voltaba coma un lelo,
camiño de Rodís e Cangas,
ata chegar o Castelo.

Iba direito a lareira,
e sentado a carón do lume,
pensaba de novo na moza,
e volvía botar mais fume.

E o cabreo era tan grande,
que logo me iba pra cama,
despois de limpar os zocos,
que traía cheos de lama.

Gardaba fachuco e velas,
e pensando pra min decía:
– Non me axudou San Estevo,
porque hoxe non era o día!

E con iso, eu contentaba,
e pensaba de seguida,
que andando un pouquiño ó tempo,
enredaría na porfía.

O Castelo; A miña aldea natal e que perteñece a Parroquia de Cadrón.
Palio, Cangas, Cancelas e Rodís; Parroquias da outra veira do Río das Abellas, a onde ibamos de rapaces as festas.
San Estevo; O Santiño patrón da miña parroquia de Cadrón.
Fachuco; Atadallo de palla seca ao que se lle prendía lume para alumear de noite os camiños.

A planta da luz do Sr. Natalio, estaba (e segue alí) no Río das Abellas, augas abaixo da Ponte que une O Castelo con Cancelas, e no fondo dos montes de Rodís. A planta foi feita para levar electridicade a úns muiños que se fixeran no lugar do Vento, na parroquia de Bermés. 

 El 23 de julio de 1948, la Dirección General de Obras Hidráulicas otorgó la concesión para derivar un caudal de hasta 300 l/s con destino a la producción de energía eléctrica en el lugar de Castelo, parroquia de Cadrón, Lalín, a favor de Natalio Cumplido Fernández.

(DOG Núm. 101 Viernes, 27 de mayo de 2005 Pág. 9.229) 

Tempo despois, e como o Sr Natalio vivía no Castelo, levou á electricidade á aldea.

A planta era moi visitada polos rapaces que vivíamos alí, lembrome que había moita fruta nos arredores, sobre todo figos e ameixas, ademais, o muíño da aldea que era comunitario, estaba preto dela no fondo do Prado das Chousas. Este muíño moía día e noite, polo que era un sitio con moita algarabía naqueles tempos. Ós rapaces gustábanos ir pola noite pois na planta, había un par de bombillas que alumeaban o seu entorno e alí, pasabamos o tempo mentras os “nosos vellos” falaban das súas cousas esperando pola moénda. Ainda me lembro daquel zumbido característico da turbina, e que facía que me chirriasen ós dentes co seu són..

No ano 1994, cambiou de dono e reformouse. Agora perteñece a Hidroeléctrica de Lalín, S.L.,  xa fai moitos anos que non vou por alí.

No ano 1974 fixenlle un Romance a unha rapaza no que fago referencia  “a planta da luz do Sr. Natalio”

 

Imaxe

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s