O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (Para Xan Pérez)


      O meu bó amigo Xan Perez, é un dos titiriteiros que ó traveso do noso País loitan por salvar unha parte moi importante da nosa cultura, moi estragada nos últimos tempos por políticos, medios de comunicación, bacterias e virus varios que parece que o único que desexan, é que desapareza.

  • O Sapo Encantado, Pedro e o Lobo, O Parrulo Feo, Caraporquiña Vermella… Son algús dos contos que conforman ó espectáculo actual cos seus títeres, dirixido maiormente ós Colexios de Galicia onde actúa  asíduamente durante todo o curso escolar.

     Podería falar da súa longa formación teatral, dos seus múltiples traballos no teatro, é de cantidade de traballos cos seus títeres, pero levaríame trés ou catro follas facelo e non quixera espallarme moito. Voume quedar só cos seus traballos no cine (1.999) “Mucha Sangre” Comedia  dirixida por Pepe de las Heras. (2.005) “Chapapote… o no”, comedia sobre o acontecido co PRESTIGE; Director Ferrán Llagostera, e na TVG (1.997) “Con Perdon” programa de humor da TVG. Realizando o espacio de “Entrevistas Indiscretas” (2.004) “A Miña sogra e mais eu” Serie para a TVG, no papel secundario de RICARDO. Director Kiko Cadabal. 

     E agora, aproveitando que o Lérez nace na Serra do candán, vou ó asunto mais importante e que é o fondo da cuestión. Unha meirande parte da súa vida pasa en Melide onde vive, e onde ten por veciña a unha Señora, a Señora Hortensia que ademais de levarlle de cando en vez algúns dos productos da súa horta, sempre se lembra dél cando fai o caldo e agasaiao con un bó tazolo dél. Pero vai ti ver que a preocupación de Xan é que un día a Sra. Hortensia deixe o lugar e se quede sin o seu caldiño. Un bó día comentoumo e como sempre fago nestes casos, e tentando de axudalo, fixenlle un cantar;  “O caldiño da Señora Hortensia”

O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (1ª Parte)

 

Hai que ver que caldo fai,

a miña veciña Hortensia,

que como se vaia da aldea,

vaime doer a súa ausencia.

 

Sempre se lembra de min,

cando anda na cociña,

e así que remata o asunto,

achégame unha taciña.

 

Se tal cousa sucedera,

sería a miña perdición,

e gardaría o meu tazón

xa que eu non sei facelo.

 

Poñereime mans a obra,

tratarei dir aprendendo,

e cantareille ó Miudiño

mentras se vai cocendo.

 

Tentarei chamar a Pepe,

que me deña un bó consello,

se facelo de navizas…

se botar verdura ou grelo.

 

Botareille unhas patacas,

e da mellor faba milleira,

algo de lacón… touciño,

e un anaco de cacheira.

 

Ademais dalgúns chourizos

pra que colla boa cor.

É un anaquiño de unto,

que din que lle da sabor,

é cheira mellor o asunto.

 

Voume poñer mans a obra,

neste día de difuntos,

é chamarei ós meus amigos,

pra papalo todos xuntos.

 

E virán David é Xavi,

e o meu amigo Pepiño,

que dixo que vai traer,

unhas xerras de bó viño.

 

Beberémolo -Deus diante-

acompañando as castañas,

que estou asando no forno,

pois a asadeira esquecina,

debaixo de un vello piorno,

a onde fun buscar a leña,

para facer o caldiño,

por se a señora Hortensia,

por esas cousas da vida…

ten que marcharse da aldea,

e deixame soliño!

 

Imaxe

Advertisements

7 thoughts on “O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (Para Xan Pérez)

  1. Moitas gracias meu, sempre é un pracer que alguén che adique algo. Vou deixar aqui escrito, que ademais de actuar nos colexios, gustaríame actuar nestas festas que veñen polo verán. Prometo levar alegria aos corazóns de todas as edades. Enpezarei a seman que ven en Ribas de Sil, na praia fluvial.

    • Bueno Marga, é algo que me gustou facer sempre, sobre todo dedicarlle unhas rimas aos amigos. Alégrome que che gustase. Tes mais feitos por min, si miras no blog a dereita onde pon, ” OS MEUS ROMANCES E CANTARES ”
      Unha aperta moi grande dende Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s