O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (Para Xan Pérez)

      O meu bó amigo Xan Perez, é un dos titiriteiros que ó traveso do noso País loitan por salvar unha parte moi importante da nosa cultura, moi estragada nos últimos tempos por políticos, medios de comunicación, bacterias e virus varios que parece que o único que desexan, é que desapareza.

  • O Sapo Encantado, Pedro e o Lobo, O Parrulo Feo, Caraporquiña Vermella… Son algús dos contos que conforman ó espectáculo actual cos seus títeres, dirixido maiormente ós Colexios de Galicia onde actúa  asíduamente durante todo o curso escolar.

     Podería falar da súa longa formación teatral, dos seus múltiples traballos no teatro, é de cantidade de traballos cos seus títeres, pero levaríame trés ou catro follas facelo e non quixera espallarme moito. Voume quedar só cos seus traballos no cine (1.999) “Mucha Sangre” Comedia  dirixida por Pepe de las Heras. (2.005) “Chapapote… o no”, comedia sobre o acontecido co PRESTIGE; Director Ferrán Llagostera, e na TVG (1.997) “Con Perdon” programa de humor da TVG. Realizando o espacio de “Entrevistas Indiscretas” (2.004) “A Miña sogra e mais eu” Serie para a TVG, no papel secundario de RICARDO. Director Kiko Cadabal. 

     E agora, aproveitando que o Lérez nace na Serra do candán, vou ó asunto mais importante e que é o fondo da cuestión. Unha meirande parte da súa vida pasa en Melide onde vive, e onde ten por veciña a unha Señora, a Señora Hortensia que ademais de levarlle de cando en vez algúns dos productos da súa horta, sempre se lembra dél cando fai o caldo e agasaiao con un bó tazolo dél. Pero vai ti ver que a preocupación de Xan é que un día a Sra. Hortensia deixe o lugar e se quede sin o seu caldiño. Un bó día comentoumo e como sempre fago nestes casos, e tentando de axudalo, fixenlle un cantar;  “O caldiño da Señora Hortensia”

O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (1ª Parte)

 

Hai que ver que caldo fai,

a miña veciña Hortensia,

que como se vaia da aldea,

vaime doer a súa ausencia.

 

Sempre se lembra de min,

cando anda na cociña,

e así que remata o asunto,

achégame unha taciña.

 

Se tal cousa sucedera,

sería a miña perdición,

e gardaría o meu tazón

xa que eu non sei facelo.

 

Poñereime mans a obra,

tratarei dir aprendendo,

e cantareille ó Miudiño

mentras se vai cocendo.

 

Tentarei chamar a Pepe,

que me deña un bó consello,

se facelo de navizas…

se botar verdura ou grelo.

 

Botareille unhas patacas,

e da mellor faba milleira,

algo de lacón… touciño,

e un anaco de cacheira.

 

Ademais dalgúns chourizos

pra que colla boa cor.

É un anaquiño de unto,

que din que lle da sabor,

é cheira mellor o asunto.

 

Voume poñer mans a obra,

neste día de difuntos,

é chamarei ós meus amigos,

pra papalo todos xuntos.

 

E virán David é Xavi,

e o meu amigo Pepiño,

que dixo que vai traer,

unhas xerras de bó viño.

 

Beberémolo -Deus diante-

acompañando as castañas,

que estou asando no forno,

pois a asadeira esquecina,

debaixo de un vello piorno,

a onde fun buscar a leña,

para facer o caldiño,

por se a señora Hortensia,

por esas cousas da vida…

ten que marcharse da aldea,

e deixame soliño!

 

Imaxe