O CANTAR DO CÓDICE CALIXTINO


Din que o autor do roubo é un devoto creente, extraballador da catedral de Santiago, amigo íntimo dos curas e, sobre todo, do Deán. Ate que un día o electricista Manuel Fernández Castañeiras decidiu roubar a xoia máis valiosa do templo: o Códice Calixtino. A min sempre me pareceu unha oscura historia de pasións e venganzas moi interesante, polo que tomeime a libertade de (a modo de cego andante) facerlle un cantar.

O CANTAR DO CODICE CALIXTIÑO

Virxenciña Peregrina*,

o que che vou a contar,

e dende fai xá mais dun ano,

está dando que falar.

 

Na Catedral de Santiago,

nunha noite polo vran,

bótanlle o ollo ao  Códice,

e marchan con el na man.

 

Os curas que son moi listos,

danse conta deseguida,

e ante o feito acontecido,

van correndo a policia.

 

Logo chega o comisario,

que coma o gato, é un artista*,

e pensa xá… no momento,

que alí cheira a eletricista.

 

E púxose mans a obra,

coa rapidez de Pereiro*,

e tan só tardou un ano,

en dar có seu paradeiro.

 

O detido e seus compinches,

pouco tardan en cantar,

sin ter que apretarlle a gorxa,

e sin facelos berrar.

 

Dende facia vinte anos,

recaudaba sin parar,

nunca pensou que este libro,

é o que o iba delatar.

 

Que cos cartos das maletas,

os curas non fan a Renda,

pois teñenas a moreas,

sin declarar a Facenda.

 

Por eso non fan denuncia,

nin falan das sustracións,

si total milleiros de euros,

teñenos a  montóns.

 

Atopanlle a artesa chea,

pero non de graos de millo,

pois amasaba a fornada,

coa colleita do cepillo.

 

Envolto nunha toalla,

atopan o Calixtiño,

e pra celebrar tal evento,

mándanlle uns grolos de viño.

 

E ó remate, evos de risa,

e resulta sorprendente,

porque seica pra entregalo,

mandan vir ó presidente.

 

I este non se fai rogar,

pois é  home moi devoto,

logo se pon mans a obra,

pra poder sair na foto.

 

E chegou ben de seguida,

presentando a carallada,

arrodeado dos que mandan,

nunha cousa tan sagrada.

 

E relatounos o conto,

o que se dí que é o Dean*,

e vaino contar na Noria*,

o amigo Xan do Can*.

 

Que é experto nestas cousas,

e as entrevistas fai  ben,

anque acabará enredado,

entre as tetas da Belén*.

 

E así remata a  historia,

que como Segura*a patente,

 ten o argumentario feito,

 pra outra peli de Torrente.

Aclaracións (*) ao Romance do Códice Calixtino:

VIRXENCIÑA PEREGRINA;  A virxe mais festeira de Pontevedra.

QUE COMA O GATO, É UN ARTISTA;  O gato que os da Roda meteron nun saco.

PEREIRO; Oscar Pereiro, ese que din que ganou un Tour pero que ninguén o mirou.

O DEAN; Non sei quen carallo é pero fala moito do Códice na TV

A NORIA; Programa “cultural” de TELE 5

XAN DO CAN; Un amigo que entre outras moitas cousas, facía hai uns anos unhas entrevistas en plan carallada a famosos no programa CON PERDON da TVG

SEGURA;  Santiago Segura… Torrente pra mais señas.

AS TETAS DA BELEN; Pois eso….. as tetas da Belén

 

Imagen

 

 

Advertisements

4 thoughts on “O CANTAR DO CÓDICE CALIXTINO

  1. Pepe, vexo que sigues a facer das túas. A ver cando ves por ” A Cova do Moucho ” e cántasnos uns romances.
    Non tes mais que chamar, sabes que sempre serás ben vido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s