AS MIÑAS DUAS ALDEAS


O Castelo e Muimenta (Lalín). Do Castelo é a miña nai e de Muimenta era o meu pai. Eu nacín no Catelo, e alí pasei os primeiros anos da miña vida, quizais me marcou máis ca Muimenta, pois alí vivín máis tempo, anque ate os oito anos fun a escola a Muimenta e botaba o día na casa dos meus tios. Pero quero por igual ás miñas dúas aldeas, nelas aprendín o que non se aprende na escola (como dí a cantiga); crieime coa fertilidade das súas terras e bebín da sabiduría dos seus vellos dos que algún coma o Señor José de García estarán sempre no meu corazón. Qué grandes lembranzas teño de todos aqueles prados e montes, das  congostras das corredoiras e dos muíños… Cantos días de vrao cos meus amigos e co meu puchiño de palla, e cantos de duro inverno cos zoquiños de madeira enlameados e postos a secar ó carón do lume da lareira. Cantas cantigas e que bos intres cos amigos na taberna do Sr. David, na de Souto, na Ponte ou na do Reino en Cadrón.

E qué boas lembranzas  dos traballos da vida nelas; a matanza, a fornada, os traballos do liño, a seitura, a malla,  (algunhas veces ainda parece que teño metido no nariz aquel cheiro característico da malla e nas orellas aquel són infernal que producía a máquina de mallar), a miña tía Asunción mazando no leite a pe do lume, a miña nai e o meu tío Camilo debullando no millo, e mentras, nós xogando entre a herba das vacas e como non, o meu curmán Pepe berrandonos por facelo, que pra iso era omais vello.

Mozas que sachades o millo,

e as que sementades patacas,

as que mondades o liño,

e as que muxides as vacas.

E cando andando o tempo tiven que marchar, xamais me esquecín delas e aparecen nalgunhas canciós que fixen:

Si é que pasas por Lalín,

Manueliño das areas,

dálleme un bico a cada unha

das dúas miñas aldeas.

tampouco  me esquecín dos seus Santos , nin das festas na súa honra e que sempre se facían coa Banda de Música de Muimenta:

O San Lourenzo de Muimenta,

e o San Estevo de Cadrón,

son, xunto coas Ermidas

da miña maior devoción.

 

¡San Lourenzo de Muimenta!

eiquí estou pra che rezar,

pra ver se me atopas moza,

porque me quero casar,

que teño a cama valeira,

e a roupa sin lavar.

 

E non mo podes negar,

que ès meu santo queridiño,

ou deixarás de ser Lourenzo

e serás San Lourenciño

E como esquecer as tardes dos domingos, onde de paseo pola estrada que as une, atopabámonos os mozos e mozas das dúas Parroquias:

A onde van aquelas,

que van de bermello?

son as de Muimenta,

que van pro castelo.

 

As rapazas de Muimenta,

para escorrentar o frio,

van ós mozos ó Castelo,

e quecen nun asubío

 

Rapaciñas de Muimenta,

xa non sei o que vos diga,

que os rapaces do Castelo,

non vos inflen a barriga.

O paso dos anos non fai que as esqueza, todo o contrario, visitoas moi a miudo e en cnto podo. Moitas veces preguntome que raios terán as nosas aldeas pra cas queiramos tanto , e que terá a Nosa Terra pra que sexa tan fermosa.

ImagenImagenImagen

Advertisements

2 thoughts on “AS MIÑAS DUAS ALDEAS

  1. Moi fermoso Buxán, as estrofas xa chas coñecía de fai tempo e escoiteichas cantar alguna vez. Non sei dque foi de Monolo da área, fai moitos anos que non sei del. Moito ánimo para seguir co Blog pois sei que tes moito que contar.
    Un abrazo de Souto de Castro.

  2. Bueno, a ver si pouco a pouco Souto. Ti achégate de cando en vez que sempre haberá algo novo, e sinón volves a ler que que xa liches jeje. Manu xubilouse e vive en Monterroso, eu tamén fai tempo que non o vexo. Apertas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s